Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 30 de novembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde defende a calidade do comercio de Teis na presentación das actividades de Nadal

Abel Caballero avogou por modelo de comercio de proximidade esta mañá na presentación da programación do Nadal prevista en Teis. As actividades están organizadas polo Mercado e polos Comerciantes de Teis.





O rexedor participou esta mañá na presentación da programación da campaña de Nadal organizada polo Mercado e pola Asociación de comerciantes de Teis. Referise ao barrio como un dos "puntos neurálxicos" da cidade cun comercio "modelo" para o resto de Vigo. Criticou os proxectos que pretenden construír centros comerciais fora da cidade porque suporía alonxar ao público e, polo tanto, deixar de comprar en Vigo.

Tal e como explicou o xerente do Mercado, Roberto Giráldez, as actividades previstas son sorteos de cestas de Nadal; un Belén que se inaugurará o día 7; actuacións de música na rúa con distintos grupos en en distintas zonas do barrio; visita do Carteiro Real e o Concerto da Rondalla Peña de Freixo, o sábado 22 de decembro.
Mais noticias
Caballero anuncia que Air Nostrum ofertará no verán oito destinos desde o aeroporto de Vigo
O alcalde destaca o investimento de Nadal pola súa capacidade para xerar emprego e negocio
Máis de 400 escolares aprenden a amar e protexer as Cíes na Semana da Ciencia
O Concello inviste 9,2 millóns en humanizar Don Bosco, Camelias e a Gran Vía
Caballero anima á cidadanía para que acuda ao Ifevi por mor da Festa do Judo Infantil


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003