Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 28 de novembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Pleno pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de ordenación do territorio para evitar "expropiacións a favor de promotores a dedo"

A Corporación Municipal de Vigo celebrou este mércores a sesión plenaria do mes de novembro na que aprobou unha moción para solicitar á Xunta que reformule o anteproxecto de lei de ordenación do territorio de Galicia. Tamén saíron adiante cos votos de PSOE e Marea as propostas para pedir a administración autonómica partidas para humanización de viais e melloras nos centros educativos.

O Pleno Municipal do Concello de Vigo aprobou este mércores catro mocións do grupo socialista solicitando a Xunta diversas partidas económicas para a cidade. Ademais, tamén saíu adiante co apoio dos concelleiros da Marea unha proposta para que a administración autonómica modifique o anteproxecto de lei de ordenación do territorio e evitar "expropiacións de terreos que favorezan a dedo a promotores".

María José Caride, concelleira de Urbanismo, foi a encargada de defender a moción do grupo municipal socialista instando á Xunta a eliminar a figura dos proxectos públicos de "interese autonómico" para a iniciativa privada. "Esta é unha moción preventiva ante os problemas que pode dar para a autonomía municipal o feito de que un proxecto privado sexa de interese público e poida expropiar sen control de ningún tipo", sinalou.

A edil alertou do risco "gravísimo" se chega a aprobarse a lei e cualificou coma un "escándalo" a posibilidade de expropiación de monte a favor de promotores "a dedo" e sen ser propietario "nin sequera dun metro de terreo". A moción aprobada tamén insta á Xunta a garantir que a declaración de "interese autonómico" conte con informes favorables dos concellos afectados e tramitar as modificacións do plan municipal para dar cobertura aos proxectos públicos cas garantías do Lei do Solo.

Polo grupo da Marea de Vigo, Xosé Lois Jácome anunciou o apoio a solicitude e advertiu de que a lei "busca retirar os centros de decisión dos concellos" e favoreces a empresas extractivas, polo que considerou que se trata dun anteproxecto "francamente grave".

Desde a bancada do Partido Popular, que votou en contra, o concelleiro Miguel Fidalgo acusou ao goberno local de querer "torpedear" o proxecto do Celta en Mos e de "enganar ao club para que marche de Vigo". O edil recomendou "preocuparse máis do urbanismo da cidade e menos do urbanismo de Mos".

Aparcamento do Cunqueiro
Ademais, os grupos municipais do PSOE e de Marea (o PP abstívose) aprobaron outra moción socialista para que a Xunta leve a cabo os trámites necesarios para a gratuidade do aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro a partires do 1 de decembro de 2018.

Igualmente, saíu adiante unha proposta para que a administración autonómica inclúa unha partida orzamentaria no ano 2019 de 4 millóns de euros para iniciar a execución das obras de humanización na Avenida de Castrelos, Avenida Ricardo Mella, Avenida de Galicia, Avenida da Ponte e Estrada de Camposancos.

Por último, aprobouse outra moción do PSOE instando á Xunta de Galicia a investir no ano 2019 unha partida de 5 millóns de euros na mellora de eficiencia enerxética dos centros educativos públicos de Vigo.
Mais noticias
O alcalde entrega exemplares de "Adiós María" de Xohana Torres nos autobuses urbanos
A modificación da ordenanza fará posible que a concesionaria do Cunqueiro abone 900.000 euros de IBI
A Federación de Pais e Nais de Alumnos esixe á Xunta un novo mapa escolar
Declaración institucional polo 25 de Novembro


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003