Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 09 de outubro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero anuncia 2,1 millóns de euros para a base, que benefician a 32.600 deportistas, e reforza o programa municipal de escolas deportivas

As Escolas Deportivas Municipais abriron un novo curso o pasado día 1 (ata o 31 de maio) e o Concello de Vigo oferta este ano 6.000 prazas no programa municipal de escolas deportivas, un milleiro máis que o ano pasado. "É bo ter dispoñibilidade e algunha marxe porque a matrícula ábrese cada mes". No curso 17/18 ocupáronse ata 4.600 prazas, é dicir, un 92% da oferta.




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe un investimento de 727.000 euros para a campaña 2018/19 entre o programa de escolas deportivas municipais (320.000 euros) e o referido aos cursos de natación (407.000). Entre os dous e segundo os datos do exercicio 17/18, o Concello ofreceu deporte formativo a 6.600 participantes en idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos.

Caballero, ademais, explicou que as escolas, "un programa da máxima importancia e unha das grandes liñas de actuación", forman parte dun decidido apoio municipal aos 32.600 participantes no deporte de base vigués. Para eles o Concello inviste algo máis de 2,1 millóns de euros entre escolas deportivas e cursos, campus, deporte federado, deportistas individuais, torneos e bolsas grazas a varios programas.

As escolas abriron un novo curso o pasado día 1 (ata o 31 de maio) e o Concello de Vigo oferta este ano 6.000 prazas no programa municipal de escolas deportivas, un milleiro máis que o ano pasado. "É bo ter dispoñibilidade e algunha marxe porque a matrícula ábrese cada mes". No curso 17/18 ocupáronse ata 4.600 prazas, é dicir, un 92% da oferta.

"Este é o programa máis ambicioso que hai en Galicia", manifestou o xefe do gobernó vigués, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e de dirixentes e adestradores de varios clubs do programa (Maniotas, Illas Cíes Tenis de Mesa, Carpa Viqueira, Patín Vagalume, Flic Flac e Montañeiros Celtas). A eles dirixiuse Abel Caballero para sinalarlos como "a columna vertebral desta acción".

A inscrición nas escolas custa 43,15 € por 8 meses de curso salvo en natación sincronizada, remo, vela, kayak, waterpolo, piragüismo e escalada (111,20 €). Son precios moi asequibles grazas ao pulo municipal: "As familias abonan un 45% e o Concello o 55%" do custo real das clases, explicou Caballero.

O alcalde lembrou que "en 2015 plantexei que íamos duplicar as subvencións e están duplicadas". O programa de escolas conta este ano con 59 entidades entre clubs e federacións e 37 modalidades deportivas, o que supón cinco deportes máis (hip-hop, ciclismo de montaña, fútbol gaélico, hóckey en liña e patinaxe de velocidade).
Mais noticias
O Concello adxudica o xoves a redacción do Plan Xeral por 2.057.000 euros
O alcalde de Vigo mantén unha reunión de traballo con Juan Carlos Escotet e David Regades
O Concello ofertará "polo menos" 750 bolsas de inglés en 2019, as mesmas que este ano
Caballero destaca a innovación como "única forma de xerar valor engadido e produtividade"
O goberno de Vigo analiza o estado do antigo ambulatorio de Teis, que converterá en biblioteca


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003