Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 09 de outubro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello adxudica o xoves a redacción do Plan Xeral por 2.057.000 euros

Abel Caballero avanzou hoxe martes que o próximo consello da Xerencia de Urbanismo validará a adxudicación do novo PXOM e da actualización da cartografía. Para o novo Plan, e unha vez asinado o contrato, a empresa presentará en dous meses un diagnóstico socioeconómico, explicou o alcalde.

O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo do próximo xoves adxudicará o contrato de actualización da cartografía e de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, segundo anunciou este martes Abel Caballero en rolda de prensa.

O alcalde avanzou que, desde a sinatura do contrato, Oficina de Planeamiento SA e Sepia Técnicos SL, adxudicatarias da elaboración do Plan, terán que presentar un documento de diagnóstico socioeconómico no prazo de dous meses. Pola súa banda, Geograma SL, adxudicataria da cartografía, ten un ano para revisala.

Abel Caballero explicou que a redacción do Plan se adxudica en 2.057.000 euros, logo de saír a licitación por case 2,4 millóns, mentres que pola cartografía abonarase 348.000 euros e contaba cun orzamento de 387.000 euros. Un total de cinco empresas optaron ao primeiro dos contratos e once, ao segundo.

O alcalde recordou que o Plan Xeral podería estar plenamente en vigor desde hai dous anos mais a Xunta de Galicia desbotou a proposta presentada polo prestixioso xurista Luciano Parejo. O experto elaborara en 2016 un documento que sinala que un novo informe autonómico de inviabilidade ambiental daría cumprimento á sentencia do Supremo que conlevou a anulación do Plan de 2008 e faría posible ter a mesma planificación urbanística en vigor.
Mais noticias
O alcalde de Vigo mantén unha reunión de traballo con Juan Carlos Escotet e David Regades
O Concello ofertará "polo menos" 750 bolsas de inglés en 2019, as mesmas que este ano
Caballero destaca a innovación como "única forma de xerar valor engadido e produtividade"
O goberno de Vigo analiza o estado do antigo ambulatorio de Teis, que converterá en biblioteca
Caballero anuncia 2,1 millóns de euros para a base, que benefician a 32.600 deportistas, e reforza o programa municipal de escolas deportivas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003