Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 08 de outubro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello de Vigo amplía o plan de mellora en campos de fútbol a un total de 14 instalacións

Abel Caballero avanzou que xa están licitadas as obras en cinco campos, outros cinco están en proceso de aprobación e preparan convenios para actuar en catro máis.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns de que o Concello de Vigo levará a cabo obras nun total de 14 campos de fútbol de cidade para a renovación do céspede e mellora no alumeado e instalacións.

Segundo explicou o rexedor, actualmente están licitados cinco campos de fútbol por valor de 1,7 millóns (Navia, Meixoeiro, Candeán, A Bouzas e Baltasar Pujales de Bouzas), cinco máis están en proceso e proxecto de aprobación (Sárdoma-Moledo, A Mina, Samil, A Guía e Comesaña) e outros catro en proceso de convenio (Valadares, San Miguel de Oia, Matamá e Fragoselo).

"Temos en marcha a renovación dun total de 14 campos de fútbol e por suposto que imos a facer a reforma do campo da Guía, onde estamos esperando por unha autorización de Costas, e inmediatamente haberá licitación e obra", sinalou Caballero.

O alcalde tamén indicou que en Sárdoma é necesario primeiro facer unha obra para arranxar un desprendemento e en Comesaña o Concello agarda por un informe de Augas de Galicia. Ademais, a reforma do campo da Mina será licitada a vindeira semana e en Samil está pendente a autorización da ocupación de terreos de zona marítima.
Mais noticias
O goberno de Vigo concede máis de 5.600 axudas ao pago de vivenda, enerxía e alimentación
O Concello de Vigo, á cabeza das grandes cidades de España no pago a provedores
O goberno local conxelará de novo o vindeiro curso as taxas das escolas infantís municipais
O alcalde anima a todo Vigo a participar o 21 de outubro na VI Carreira Vigo contra o cancro
Caballero someteuse ás preguntas dos alumnos de Primaria do colexio Atalaia Cantabria


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003