Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 08 de outubro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde anima a todo Vigo a participar o 21 de outubro na VI Carreira Vigo contra o cancro

Abel Caballero participou esta mañá na presentación da VI edición da Carreira Vigo contra o cancro, prevista para o domingo 21 na Avenida Castelao. Aproveitou a súa intervención para animar á participación cidadá nunha causa "xusta" onde todos "somos importantes".





O próximo domingo 21 de outubro terá lugar a VI edición da Carreira Vigo contra o cancro, que, un ano máis conta coa colaboración do Concello así como de patrocinadores como El Corte Inglés. Durante a presentación, Caballero animou a todo Vigo a achegarse ese día á Coia para participar na festa na que se ten convertido esta causa "xusta" onde todos "somos importantes".

O rexedor felicitou á organización, personalizando en Rosa Soliño, presidenta da Asociación Vigo contra o cancro, á que trasladou a consideración e recoñecemento de toda a cidade por ser quen de organizar unha cita deportiva de tanta importancia. Tamén agradeceu a súa colaboración á Esteban Castelao, director da Unidade de Oncoloxía e Xenética do Instituto de investigación sanitaria Galicia-Sur.

Unha vez máis, haberá dous modelos de carreira: unha de 5 km (non competitiva e se pode facer andando) e outra de 10 km (cronometrada e con premios) que está incluída no programa municipal de carreiras populares Run run Vigo. As inscricións poden formalizarse online eb www.vigocontraelcancer.es ou de maneira presencial na planta de deportes de El Corte Inglés. A data límite para inscribirse na proba será o próximo 17 de outubro. Este ano e debido ás obras de humanización, a "zona base" da carreira xa non será nos Volcáns senón que se traslada á explanada de Coia, onde se organiza a festa.

Na presentación tamén estivo presente o xefe de relacións públicas de El Corte Inglés, Pati Blanco.
Mais noticias
O goberno de Vigo concede máis de 5.600 axudas ao pago de vivenda, enerxía e alimentación
O Concello de Vigo, á cabeza das grandes cidades de España no pago a provedores
O goberno local conxelará de novo o vindeiro curso as taxas das escolas infantís municipais
O Concello de Vigo amplía o plan de mellora en campos de fútbol a un total de 14 instalacións
Caballero someteuse ás preguntas dos alumnos de Primaria do colexio Atalaia Cantabria


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003