Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 08 de outubro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local conxelará de novo o vindeiro curso as taxas das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou a clasificación de ofertas da xestión das escolas infantís municipais de Tomás Alonso e Bouzas por un importe de 525.000 euros. Segundo explicou o alcalde, as taxas volverán a conxelarse o vindeiro curso.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns que o Concello de Vigo conxelará o vindeiro curso as taxas das escolas infantís municipais e destacou que o seu custe para as familias é a metade das garderías da Xunta de Galicia.

A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas (adxudicación provisional) da xestión das escolas de Bouzas e Tomás Alonso cun orzamento total de 525.000 euros ao ano. "Significa que adicamos a cada unha uns 260.000 euros, significa que a maior parte das familias que envían o seus nenos ás escolas infantís municipais non pagan nada", explicou.

Caballero sinalou que en conxunto a taxa das garderías é a metade que nas escolas da Xunta, posto que o pago máximo nas municipais é de 124 euros e na Xunta ascende a 240 euros.

"Cando cheguei había catro escolas, agora hai oito e tres veces máis prazas, o ano que ven abriremos a de Bembrive", sinalou o rexedor.
Mais noticias
O goberno de Vigo concede máis de 5.600 axudas ao pago de vivenda, enerxía e alimentación
O Concello de Vigo, á cabeza das grandes cidades de España no pago a provedores
O Concello de Vigo amplía o plan de mellora en campos de fútbol a un total de 14 instalacións
O alcalde anima a todo Vigo a participar o 21 de outubro na VI Carreira Vigo contra o cancro
Caballero someteuse ás preguntas dos alumnos de Primaria do colexio Atalaia Cantabria


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003