Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 05 de outubro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero eloxia o funcionamento da aeroliña Binter que conecta Vigo con Gran Canaria e Tenerife

Binter contará a partir do 30 de outubro dúas conexión diarias a Tenerife, que se suman ás outras dúas que xa existían con Gran Canaria, unha decisión que agrada ao alcalde quen felicitou aos responsables da compañía durante unha reunión de traballo que mantiveron onte xoves na Alcaldía.




O rexedor felicitou aos responsables de Binter durante o encontro que mantiveron onte na Alcaldía, "é o xeito que nos gusta de facer economía: unha empresa lanza unha estratexia que funciona, consegue gran nivel de ocupación e ten prezos asequibles". Caballero destacou que esta aeroliña xa conecta Vigo con Gran Canaria, con dúas frecuencias, e a partir do 30 de outubro, implementará outras dúas con Tenerife.

En declaracións posteriores aos medios, o alcalde puxo en valor que esta compañía pontencia o aeroporto da cidade fomentando o turismo entre Vigo e as Illas Canarias ademais de ofrecer un gran servizo, excelente puntualidade e atención, ademais de facilitar conectividade con diferentes destinos africanos. Caballero rematou recomendando á cidadanía o uso desta aeroliña coa que o Concello mantén unha "relación extraordinaria", sen mediar subvención municipal algunha, precisou.
Mais noticias
Concello e Mancomunidade de Montes organizan actos lúdicos, artísticos e formativos un ano despois dos lumes de outubro do 2017
O Auditorio do Concello acolle do 15 ao 18 de outubro as XXV Xornadas de Filosofía, que homenaxean a Jesús Mosterín


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003