Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 24 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero anuncia o Memorial Pablo Beiro para o sábado, entre Iberconsa e Gran Canaria en Bouzas, e recoñoce a "exemplaridade do Amfiv"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe unha nova edición do Trofeo Cidade de Vigo-III Memorial Pablo Beiro de baloncesto en cadeira de rodas, que se vai disputar este sábado 29 (19:00 horas, entrada de balde) no pavillón municipal Pablo Beiro e que xogarán o Iberconsa Amfiv e o ACE Gran Canaria.




O rexedor, que felicitou a Iberconsa por asociar o seu nome co do club vigués de División de Honra ("sempre é de agradecer que haxa patrocinios no deporte e singularmente para o Amfiv", dixo), amosou o seu apoio ao memorial "primeiro por Pablo Beiro, que foi tanto tempo concelleiro nesta casa e fixo tan bo traballo", apuntou, e despois "polo que significa o Amfiv na súa dimensión deportiva e de exemplaridade no deporte".

Caballero, que animou a que a cidadanía se achegue o sábado á vila boucense, anunciou tamén que na Farola, en Colón, o sábado pola mañá (10:00 horas) montaranse dúas canastras "para que todo o mundo poida sentarse a xogar ao baloncesto en cadeira, que é dunha dificultade extrema e significa un esforzo difícilmente imaginable", sostivo.

O alcalde estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o presidente do Club Deportivo Amfiv, José Antonio Beiro, o directivo José Carlos González e o xogador Santi Comesaña. Beiro agradeceu "as gañas e o ímpetu do Concello para que ano tras ano se celebre este memorial" e considerou "importante" para a visibilidade do baloncesto en cadeira de rodas o acto matinal na Farola para "probar a vivir de primeira man a discapacidade, o estar nunha cadeira de rodas para que a xente se involucre e cambie a forma de pensar".

O rival fará unha pequena pretempada en Vigo (de xoves a domingo) e o Amfiv aproveitará para facer adestramentos conxuntos ante "un equipo moi parello ao que nunca nos enfrontamos en pretempada".
Mais noticias
Concello e Deputación arrancan a humanización de Emilio Pardo Bazán cun orzamento de case 3 millóns
O alcalde está "orgullosísimo" de enviar a 750 alumnos a estudar inglés a Inglaterra e Irlanda
O Goberno de Vigo outorga 135.000 euros en axudas ao emprendemento e consolidación do emprego xuvenil
O alcalde valora a formación en artes escénicas para o desenvolvemento persoal
O III Foro de Investimento e Finanzas ofrecerá ferramentas para mellorar a xestión económica das persoas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003