Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 24 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Concello e Deputación arrancan a humanización de Emilio Pardo Bazán cun orzamento de case 3 millóns

O alcalde e a presidenta da Deputación visitaron a Estrada Provincial onde comezou esta mesma mañá a humanización da rúa, un proxecto froito dun convenio de colaboración entre ambas institucións. Cun orzamento de 2,8 millóns e un prazo de execución de 12 meses, comeza unha obra que os veciños levan décadas reclamando ao organismo provincial, sen resposta ata a chegada de Carmela Silva á Deputación.





Abel Caballero e Carmela Silva participaron esta mañá no acto de posta da primeira pedra da reforma integral de Emilia Pardo Bazán. Cun orzamento de case 3 millóns -2,8 concretamente- e un prazo de execución de 12 meses, dá comezo unha humanización de "grandísima" calidade que inclúe a renovación de canalizacións para abastecemento de auga, pluviais e fecais, que "están en estado catastrófico". "É o Vigo que herdamos, dixo o rexedor, "no que non se fixo nada nos últimos setenta anos". Explicou que os veciños levaban décadas reclamando esta humanización ao organismo provincial "pero a anterior Deputación nunca a acometeu", a pesar de ser unha zona moi densamente poboada, puntualizou.

Os traballos incluirán ramplas e escaleiras de conexión coa Avenida de Madrid, onde tamén está moi avanzado o proxecto de humanización. Esta mellora incorpora parques infantís e biosaudables, así como a renovación da sinalización e rede semafórica. Concluíu Caballero cualificando o inicio desta obra como un "fito histórico", demandado desde hai corenta anos.
Mais noticias
O alcalde está "orgullosísimo" de enviar a 750 alumnos a estudar inglés a Inglaterra e Irlanda
O Goberno de Vigo outorga 135.000 euros en axudas ao emprendemento e consolidación do emprego xuvenil
O alcalde valora a formación en artes escénicas para o desenvolvemento persoal
O III Foro de Investimento e Finanzas ofrecerá ferramentas para mellorar a xestión económica das persoas
Caballero anuncia o Memorial Pablo Beiro para o sábado, entre Iberconsa e Gran Canaria en Bouzas, e recoñoce a "exemplaridade do Amfiv"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003