Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 24 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Goberno de Vigo outorga 135.000 euros en axudas ao emprendemento e consolidación do emprego xuvenil

A Xunta de Goberno Local, informou o alcalde, concedeu 35.000 euros a autónomos e micropemes para cooperar no pago dos seus espazos de coworking e outros 100.000 máis para apoiar a transformación en indefinidos de contratos temporais e para incentivar a nova contratación.

As subvencións para o fomento do emprendemento e a consolidación empresarial a través do traballo colaborativo recibe un respaldo do Concello de 35.000 euros e supuxo a concesión de 53 axudas de distintas contías, todas elas para axudar a pago do aluguer dos espazos de coworking de autónomos e pequenas e medianas empresas.

En segundo lugar, Caballero destacou os case que 100.000 euros para axudas á contratación e mellora do emprego xuvenil. Por un lado, o Concello concede case que 86.000 euros para incentivar a transformación de 51 contratos temporais e indefinidos e, en segundo lugar, deu outros 13.500 euros para incentivar a contratación de catro profesionais.

O alcalde subliñou que o orzamento do goberno que preside para programas de creación directa de emprego supera os 5,3 millóns de euros: "é a nosa forma de trazar a xeración de emprego desde a política municipal de Vigo", concluíu Caballero
Mais noticias
Concello e Deputación arrancan a humanización de Emilio Pardo Bazán cun orzamento de case 3 millóns
O alcalde está "orgullosísimo" de enviar a 750 alumnos a estudar inglés a Inglaterra e Irlanda
O alcalde valora a formación en artes escénicas para o desenvolvemento persoal
O III Foro de Investimento e Finanzas ofrecerá ferramentas para mellorar a xestión económica das persoas
Caballero anuncia o Memorial Pablo Beiro para o sábado, entre Iberconsa e Gran Canaria en Bouzas, e recoñoce a "exemplaridade do Amfiv"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003