Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 24 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde valora a formación en artes escénicas para o desenvolvemento persoal

Durante a presentación da Escola de Artes Escénicas de Jana Produccións no colexio Montecastelo, Abel Caballero explicou que o avance persoal ten que ser "pluridimensional" e a formación nesta materia forma parte deste proceso. O rexedor felicitou ás partes por levar adiante esta proposta en Vigo.




O alcalde participou na presentación xunto ao xerente de Jana Produccións, Andrés Santiago, e o director do colexio Montecastelo, José Manuel Rodríguez, e puxo en valor a "gran idea" e a "gran acción" da chegada de Jana á cidade. A empresa conta actualmente con dúas escolas: unha en Madrid e outra en México.

A Escola de Artes Escénicas de Jana Produccións abre en Vigo para formar novos talentos na creatividade artística e interpretativa. Impartirá as súas clases para alumnado de entre 6 e 16 anos en tres aulas do colexio Montecastelo para outras tantas disciplinas: baile, canto e interpretación.

Jana Produccións é unha compañía consolidada como referente obrigado na produción de eventos musicais e espectáculos para todos os públicos, con decenas de premios nacionais que avalan a súa traxectoria. Jana organizou musicais en Vigo cunha notable afluencia de público o que, xunto ao respaldo do alcalde de Vigo, lles animou a decantarse pola cidade para implantar o seu proxecto.
Mais noticias
Concello e Deputación arrancan a humanización de Emilio Pardo Bazán cun orzamento de case 3 millóns
O alcalde está "orgullosísimo" de enviar a 750 alumnos a estudar inglés a Inglaterra e Irlanda
O Goberno de Vigo outorga 135.000 euros en axudas ao emprendemento e consolidación do emprego xuvenil
O III Foro de Investimento e Finanzas ofrecerá ferramentas para mellorar a xestión económica das persoas
Caballero anuncia o Memorial Pablo Beiro para o sábado, entre Iberconsa e Gran Canaria en Bouzas, e recoñoce a "exemplaridade do Amfiv"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003