Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 24 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde está "orgullosísimo" de enviar a 750 alumnos a estudar inglés a Inglaterra e Irlanda

Os 750 alumnos becados polo Concello para gozar dunha estadía lingüística en Irlanda ou Inglaterra xa están nos seus respectivos destinos. O alcalde despediu esta mañá aos últimos cen estudantes que forman parte dun programa educativo dotado de un investimento de 1,8 millóns.




O alcalde despediu esta mañá no aeroporto aos últimos cen estudantes que pasarán tres semanas en corenta municipios de Inglaterra ou Irlanda aprendendo inglés. Tal e como lembrou, todos son bolseiros, aínda que, en función da renda, algunhas familias abonan ata o máximo do 25% da viaxe. En declaracións aos medios, amouse "orgullosísimo" de implementar un programa educativo que permite a toda unha xeneración gozar dunha estadía para aprender idiomas no estranxeiro independentemente da situación económica dos alumnos. Os 750 alumnos participan -explicou- nun dobre proceso de formación: lingüístico e de inmersión xa que acoden ás mesmas clases que os alumnos dos centros educativos das cidades que visitan.

O Concello concedeu este ano 750 bolsas, cun orzamento de 1,7 millóns para alumnos de 3º da ESO. Ademais, hai que sumar outras 92 achegas para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas, o que eleva a inversión a 1.864.000 euros.
Mais noticias
Concello e Deputación arrancan a humanización de Emilio Pardo Bazán cun orzamento de case 3 millóns
O Goberno de Vigo outorga 135.000 euros en axudas ao emprendemento e consolidación do emprego xuvenil
O alcalde valora a formación en artes escénicas para o desenvolvemento persoal
O III Foro de Investimento e Finanzas ofrecerá ferramentas para mellorar a xestión económica das persoas
Caballero anuncia o Memorial Pablo Beiro para o sábado, entre Iberconsa e Gran Canaria en Bouzas, e recoñoce a "exemplaridade do Amfiv"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003