Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 19 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello programa rutas vitivinícolas, cursos e voluntariado no "Camiño a Camiño" de outono

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este mércores as novas actividades de concienciación medioambiental. O goberno vigués ofrece percorridos polas rutas do viño en A Estrada, O Rosal e a comarca do Ribeiro, sendeiros locais, formación e dúas saídas aos Ancares coa temática da contaminación alumínica e dos plásticos.




Das destinadas ao coñecemento da cultura do viño, as rutas comezan o 7 de outubro cunha primeira saída á Estrada, que continuarán o 21 de mesmo mes a O Rosal e o 28, á comarca do Ribeiro. Estas tres compleméntanse, indicou Chus Lago, cos percorridos polos sendeiros locais de Vigo.

Estas rutas pretenden "recuperar" os sendeiros vigueses, avanzou a concelleira, afectados polos "terribles incendios" do pasado mes de outubro que, entre outras cuestións, supuxeron a desaparición da sinalización dos camiños. Este outono os paseos comezan precisamente por Coruxo e Saiáns, zonas singularmente afectadas polos fogos, para continuar despois por Beade, Bembrive, Cabral e Candeán.

Chus Lago puxo en valor dúas saídas "para familias" ata os Ancares que programa o "Camiño a Camiño" os días 20 de outubro e 11 de novembro. Cos monitores e profesores da iniciativa e de Ceo Ciencia, os interesados poderán aprender sobre a contaminación alumínica e a derivada dos plásticos. O sábado anterior á saída comenzará a actividade en VigoZoo, cunha formación ao respecto para toda a familia.

Ademais, o Concello ten en marcha o voluntariado ambiental nas Illas Cíes e nos montes de Teis, coa marcaxe de sendeiros. Por outra banda, continúa en outono os cursos de hortas urbanas e tamén se ofrece formación para pasear cans da canceira municipal, con 90 vacantes e na que xa tomaron parte 40 persoas en edicións anteriores. Toda a información e a programación dos próximos meses estará proximamente na web do "Camiño a Camiño".
Mais noticias
Caballero amosa a súa satisfacción porque o Goberno apoia a Biblioteca do Estado para Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003