Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 18 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero critica a paralización da Unidade de Demencias comprometida para Vigo en 2018

O alcalde de Vigo denuncio esta mañá a decisión da Xunta de paralizar a Unidade de Demencias que debería estar operativa neste 2018. Esta decisión supón un ataque máis do goberno autonómico á deficiente situación sanitaria de Vigo que no ano 2014 perdeu 300.000 habitantes da súa área de referencia.

Vigo non contará finalmente coa comprometida Unidade de Demencias do Chuvi que tería que estar funcionando en 2018, sumándose así á anulación da posta en marcha da unidade de sarcomas que se foi a Santiago a pesar de ter anunciado que Vigo sería a primeira unidade especializada de Galicia. Así o denunciou esta mañá o alcalde de Vigo quen criticou a xestión sanitaria da Xunta en Vigo lembrando que a última Ordenación de Servizos e Técnicas restou 300.000 habitantes da área de referencia de Vigo para asignalos a Santiago. Deste xeito, a área de Vigo pasou de 1,2 millóns a 894.000 habitantes; a Coruña permaneceu con 1,1 millóns e Santiago subiu ata os 755.000 habitantes. Este recorte territorial e poboacional en Vigo afectou a servizos fundamentais como cirurxía cardíaca e cardioloxía intervencionista. En contra das propias promesas da Xunta, en catro anos esta situación non só non se revertiu, senón que hai indicios de que se vai seguir desviando poboación.

Unida a toda esta "deficiencia sanitaria", Vigo ten o único hospital da Xunta privado, cun aparcamento de pago. O rexedor puntualizou que en poucos días estará habilitado o aparcamento do Concello que será gratuíto para os de Vigo, aínda que de momento será de balde para todos. Outro dos asuntos aos que aludiu foron as listas de agarda dado que Vigo ten a maior lista sanitaria de toda Galicia e a atención primaria masificada porque non fixeron ningún dos cinco centros de saúde comprometidos. Neste punto, referiuse de novo ao "mentira" do goberno autonómico cando asegura que pediu licenza para o centro de saúde de Bouzas dado que non incorpora o informe preceptivo de Patrimonio da propia Xunta. Rematou lembrando que os veciños de Coruxo seguen sen servizo de pediatría no seu centro de saúde e lamentou que o presidente da Xunta non falara destes temas onte luns na súa visita á cidade".
Mais noticias
O alcalde pedirá ao ministro de Cultura a recuperación do proxecto da Biblioteca do Estado
Vigo aforrou no que vai de ano un 4,5% respecto a 2017, o dobre que a media do resto dos concellos aos que abastece
O alcalde, "orgulloso" de humanizar a rúa Camilo José Cela logo de anos de "desatención"
O Concello habilita a páxina web municipal para elixir desde mañá a data do acendido do Nadal
O alcalde destaca que Vigo outorga máis bolsas de inglés que as comunidades de Cataluña e Madrid xuntas
Vinte axentes representarán a Vigo nos VII Xogos Europeos de Policías e Bombeiros, en Alxeciras


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003