Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 18 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde, "orgulloso" de humanizar a rúa Camilo José Cela logo de anos de "desatención"

Abel Caballero visitou este martes os traballos de reforma que acomete o Concello na rúa, cun orzamento próximo aos 700.000 euros. O rexedor denunciou o estado "lamentable" das redes de servizos dunha rúa obxecto de "desatención" polos anteriores alcaldes e alcaldesas, que a tiveron "abandonada".




O Goberno de Vigo está a humanizar a rúa Camilo José Cela, próxima á Avenida de Beiramar, cun orzamento que se achega aos 700.000 euros. Segundo detallou Caballero logo dunha visita á obra, o Concello actúa sobre 120 metros lonxitudinais de rúa nunha "humanización de alcance".

O alcalde referiuse ao estado "lamentable" das redes soterradas de servizos, que serán renovadas na súa totalidade. Así, e dado o estado "moi deteriorado" das canalizacións, o goberno vigués cambiará case que 250 metros do saneamento e outro tanto das pluviais, e máis de 300 metros da rede de abastecemento de auga.

A actuación contempla ademais arborado, iluminación LED, novas papeleiras, bancos e xardineiras, enumerou Caballero, quen amosouse "moi orgulloso" desta humanización, pois a rúa Camilo José Cela non foi atendida desde que se abriu, "abandonada" polos anteriores alcaldes e alcaldesas da cidade.
Mais noticias
Caballero critica a paralización da Unidade de Demencias comprometida para Vigo en 2018
O alcalde pedirá ao ministro de Cultura a recuperación do proxecto da Biblioteca do Estado
Vigo aforrou no que vai de ano un 4,5% respecto a 2017, o dobre que a media do resto dos concellos aos que abastece
O Concello habilita a páxina web municipal para elixir desde mañá a data do acendido do Nadal
O alcalde destaca que Vigo outorga máis bolsas de inglés que as comunidades de Cataluña e Madrid xuntas
Vinte axentes representarán a Vigo nos VII Xogos Europeos de Policías e Bombeiros, en Alxeciras


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003