Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 11 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A candidatura Cíes Patrimonio da Humanidade reúne nun portal a máis completa información sobre as illas, os traballos e actividades realizadas e o primeiro fondo bibliográfico

"A Xunta de Galicia, nun ano e catro meses, non moveu nin un só papel; só presentaron a súa candidatura para boicotear a nosa", advirte Caballero este martes




A candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade presentou esta mañá un completo portal de internet no que se reúne toda a información e os traballos realizados nestes catro anos de traballo do proxecto liderado polo concello.

O alcalde presentou o portal acompañado por Yolanda Aguiar, coordinadora do comité técnico da candidatura, e destacou que "este é un paso moi importante no camiño de Cíes para converterse en Patrimonio da Humanidade da Unesco".

O portal ofrece información -polo momento en castelán e en galego, pero proximamente tamén en inglés e en francés- de todos os seus ámbitos: o medio mariño, a flora e fauna terrestre, a xeoloxía, Historia e Patrimonio.

A bibliografía é un dos apartados máis importantes da páxina, xa que inclúe todos os traballos que se publicaron sobre Cíes, tanto nacionais como internacionais. "É o primeiro fondo bibliográfico que existe sobre Cíes, con máis de 300 publicacións, e supón unha ferramenta de gran interese para os investigadores", asegurou Caballero.

O contido multimedia é outro dos grandes atractivos do portal, xa que se pode gozar de numerosas fotografías e vídeos, tanto científicos como divulgativos. "Moitos deles son inéditos e foron cedidos polos investigadores que forman parte da candidatura", explicou Aguiar.

Por outra banda, a páxina inclúe todas as actividades que se están desenvolvendo ao redor da candidatura, máis de cen ata agora, ademáis dos traballos de investigación que o concello está a financiar, como accións educativas e de voluntariado. Ademais, hai unha axenda na que os interesados poderán descubrir os eventos que se celebrarán proximamente. "Somos pioneiros na cooperación coa universidade; o único concello de España que colabora coa investigación desta maneira", dixo Caballero.

A parte máis participativa do portal é "Únete", na que se anima á cidadanía a apoiar coa súa firma a candidatura e a facerse voluntario. As firmas de apoio, tal e como indicou Caballero, son xa "ducias de miles".

"O obxectivo é que dentro de 2.000 anos as Cíes mantéñanse en perfecto estado de conservación", destacou o alcalde, á vez que advertiu que "a Xunta hai un ano e catro meses que presentou a súa candidatura e fíxoo simplemente para bloquear a nosa porque, en todo este tempo non moveu nin un só papel, nin tivo unha soa reunión nin actividade no ámbito da investigación".

"O noso proxecto ten méritos suficientes para ser Patrimonio da Humanidade e só ten enfronte a Feijóo, que se opón a iso; pero seguimos avanzando e conseguirémolo", concluíu.
Mais noticias
O goberno de Vigo encarga o proxecto para converter en biblioteca o antigo ambulatorio de Teis
O Concello avanza na tramitación para a rehabilitación integral do Barrio do Cura
O goberno local suspende baldeos e reitera a "petición firme" de consumo responsable para aforrar auga
A Semana Abanca comeza este sábado en Vigo e celebrará once regatas ata o 10 de novembro, co Campionato de Europa Láser Máster como prato forte


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003