Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 11 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A Semana Abanca comeza este sábado en Vigo e celebrará once regatas ata o 10 de novembro, co Campionato de Europa Láser Máster como prato forte

Na súa intervención, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou a "capacidade de xerar deporte e de superarnos" que ten o evento




A Semana Abanca, o gran evento multiclase da náutica do noroeste peninsular, que abarca once competicións de vela, remo e piragüismo, arrinca este sábado en Vigo e celebrarase ata o 10 de novembro. O prato forte desta edición é o Campionato Europeo de Láser Máster, para o que xa están confirmados 150 barcos de 20 países e que se celebrará do 5 ao 11 de outubro en Vigo.

Abel Caballero presidiu o acto de presentación e destacou "a capacidade de xerar deporte e de superarnos" que ten este gran evento deportivo e aplaudiu a "excelente organización e a solidez do proxecto".

Xunto a el estiveron representantes do resto de institucións que apostan por este encontro como a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que destacou que este evento "sitúanos internacionalmente tamén a nivel turístico"; o presidente de Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, e o delegado de Zona Franca, David Regades.

O presidente do comité organizador e responsable do Liceo Marítimo de Bouzas, José María Martínez Bosch, agradeceu tanto ás institucións como aos patrocinadores o seu apoio e destacou a "camadería que en cada edición existe entre clubs e autoridades, o que converte a este evento en modélico dentro do mundo da náutica".

A competición arrinca este sábado na Ría de Vigo coas Coca Cola Series, da man do Club Marítimo de Canido. Pola súa banda, no campionato europeo participarán barcos maioritariamente de toda Europa pero, dado que é un evento "Open", haberá tamén deportistas de Australia, Estados Unidos, Canadá, Arxentina e Brasil.
Mais noticias
O goberno de Vigo encarga o proxecto para converter en biblioteca o antigo ambulatorio de Teis
O Concello avanza na tramitación para a rehabilitación integral do Barrio do Cura
O goberno local suspende baldeos e reitera a "petición firme" de consumo responsable para aforrar auga
A candidatura Cíes Patrimonio da Humanidade reúne nun portal a máis completa información sobre as illas, os traballos e actividades realizadas e o primeiro fondo bibliográfico


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003