Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 10 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero eloxia a capacidade de innovar e atraer de Vigo na inauguración de dous congresos no Campus universitario

O alcalde recibiu esta mañá aos participantes de dous congresos no Campus universitario: o IV Foro de Innovación e Biotecnoloxía para o sector mariño, de Anfaco, e o XXIX Congreso de Estudos de Telecomunicación. Para o alcalde, estes encontros evidencian a capacidade de innovar e de atraer de Vigo, que segue á vangarda da investigación e do I+D.




O campus da Universidade de Vigo acolleu esta mañá a inauguración de dous novos congresos. Un deles é o IV Foro de Innovación e Biotecnoloxía para un sector mariño e alimentario máis competitivo e sustentable, que organiza Anfaco Cecopesca. O outro, o XXIX Congreso de Estudos de Telecomunicación, un dos principais eventos organizados polo Consello Estatal de Estudantes de Telecomunicación.

Durante a súa intervención neste último, que reúne ata o domingo na cidade a representantes de escolas de Telecomunicacións de toda España, Abel Caballero agradeceu aos organizadores a elección de Vigo e destacou a importancia destes estudos. "Fun precisamente eu, cando era ministro nos anos 80, quen xerou a primeira administración de telecomunicacións de España e a primeira lei de ordenación de telecomunicacións que se aprobou no país", lembrou o alcalde.
Os representantes estudantís dos centros asistentes analizarán durante unha semana as diversas situacións que afectan á súa profesión (tanto a nivel estudantil como no futuro e as posibles solucións desde o ámbito universitario) e debaterán sobre as actividades realizadas pola asociación ao longo do ano nunha asemblea xeral. Ademais, haberá un ciclo de conferencias para coñecer o punto de vista das empresas, dos colexios profesionais e dos enxeñeiros xa inmersos no mundo laboral.
Pola súa banda, o congreso organizado por Anfaco reúne a investigadores de toda Europa para mostrar as máis avanzadas tendencias e solucións dispoñibles no ámbito da biotecnoloxía para o sector mariño. Caballero aplaudiu o seu "traballo no desenvolvemento do I+D sempre desde o respecto e o coñecemento do mar".

Coa celebración deste foro preténdese crear un punto de encontro para a transmisión do coñecemento tecnolóxico e as diferentes oportunidades existentes para a industria mariña e alimentaria.
Mais noticias
A construción do carril bici inclúe a remodelación das prazas do Emigrante e dos Volcáns
O alcalde compromete ao equipo Uvigo Motorsport "todo o apoio que precisen"
O Concello programa para outono oito rutas medioambientais por Vigo e bisbarra


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003