Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 07 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


As oito escolas infantís municipais de Vigo ofertan máis de 600 prazas

O alcalde de Vigo visitou este venres a escola infantil municipal de Santa Cristina de Lavadores ante o inicio de curso escolar. Caballero destacou en rolda de prensa que o Concello oferta máis de 600 prazas con axudas ás familias que permiten que os prezos sexan a metade que nas garderías da Xunta.




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres a escola infantil municipal de Santa Cristina de Lavadores ante o inicio do curso escolar. Segundo informou aos medios de comunicación, o Concello de Vigo oferta actualmente ofertamos 620 prazas en 8 garderías (Costeira-Saiáns, Bouzas, Tomás Alonso, Santa Marta-Casco Vello, Atalaia-Teis, Santa Cristina-Lavadores, Mestres Goldar-Castrelos e Navia).

Ademais, o pasado mes de abril puxo a disposición da Fundación Amancio Ortega unha parcela municipal en Bembrive para outra escola infantil de 82 prazas. O rexedor destacou que o orzamento para as escolas infantís en 2018 chega ata 1,5 millóns de euros.

"Un ano máis conxelamos de novo as tarifas e o pago máximo nunha escola municipal é de 124 euros mentres, e a metade non paga nada, mentres que na Xunta é de 245 euros, o dobre", sinalou Abel Caballero.
Mais noticias
O Concello aproba as obras para completar a humanización da contorna de Rosalía de Castro
O alcalde anima á cidade a mergullarse da cultura celta e romana co VII Vicus Spacorum


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003