Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 10 de agosto de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero valora a seguridade en Castrelos na acampada dos fans de Operación Triunfo

O alcalde destacou que dúas dotacións da Policía Local prestaron servizo no parque vigués de Castrelos durante a pasada noite. Facendo espera para o concerto de Operación Triunfo, este venres (22:30 horas), estiveron preto de 40 persoas.

Dúas patrullas da Policía Local de Vigo prestaron servizo a noite do xoves ao venres no parque de Castrelos debido a presenza de fans de Operación Triunfo que xa facían cola para entrar no Auditorio ao Aire Libre.

Abel Caballero destacou este venres que desde as oito da tarde do xoves xa recibiu novas de que varios fans acamparan na zona para pasar a noite, polo que decidiu enviar a dúas dotacións para darlles seguridade durante a madrugada.

O alcalde indicou que o concerto de Miriam, Aita, Ana Guerra, Cepeda e Roi comezará as 22:30 horas ao tratarse dunha actuación longa e evitar así "acabar a horas intempestivas". Segundo indicou, os axentes da Policía Local estiveron en permanente contacto coa xente acampada.

"Foi unha boa idea, é unha forma de vivir Castrelos con seguridade absoluta, nos vindeiros anos manteremos a idea e daremos máis facilidades", sinalou Caballero.
Mais noticias
O alcalde destaca a importancia de Sanjurjo Badía na historia industrial da cidade de Vigo
O goberno de Vigo contrata a renovación dos peches do Santa Irene e do Santo Tomé
O Concello organiza esta fin de semana un concerto e observación das Perseidas
Fin de festa no campamento municipal de Alcabre
Cursos de alfabetización dixital
"Catálogo de 1937: a arte rexional na creación do Museo Municipal de Castrelos"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003