Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 07 de agosto de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello programa no Nadal un espectáculo audiovisual con tres pases diarios na Porta do Sol

O alcalde avanzou este martes algunhas das novidades da iluminación de Nadal deste ano, entre as que subliñou o espectáculo musical e luminoso da Porta do Sol, con tres pases diarios. O goberno vigués iluminará os mercados, prazas e edificios singulares.

O Goberno de Vigo clasificou as ofertas presentadas para a iluminación de Nadal, a antiga adxudicación provisional dun contrato ao que se adicará uns 800.000 euros este ano e que ten a Iluminaciones Ximénez -a mesma empresa do pasado ano- como mellor clasificada no concurso público.

O alcalde explicou que a iluminación de Nadal é "un dos grandes motivos de atracción de Vigo" e xeran "unha gran expectativa na cidade e fóra da cidade". Augurou Caballero que as deste ano "superarán" o éxito da campaña do pasado ano.

Ademais do tradicional acto de acendido na Porta do Sol, o Concello programa para este Nadal un espectáculo audiovisual no centro de Vigo, con tres pases diarios, tal e como avanzou Caballero. A árbore, un ano máis, superará os 30 metros de altura.

O goberno vigués prevé iluminar os sete mercados municipais e algúns edificios singulares, como o MARCO, a Casa Galega da Cultura, a porta do antigo Tambelick e Casa das Artes, entre outros. Tamén as prazas da Pedra, da Constitución, de Independencia, de Compostela, Fernando El Católico, a Colexiata e a de Joaquín Yáñez.

A iluminación de Nadal chegará a máis de 300 rúas de Vigo cun millar de arcos e case que 1.500 motivos luminosos, bolas de doce metros, 325 árbores naturais iluminadas, trece fachadas decoradas, dous árbores de 11 metros e outros 28 de entre catro e cinco metros de alto, e o rotulado luminoso do Concello con máis de cen metros cadrados.

O alcalde adiantou que o acendido da iluminación será en novembro, como o ano pasado, comezará cada día ás 18 horas e concluirá á unha ou ás catro da madrugada, dependendo do día, e incluso funcionarán toda a noite nos días máis sinalados.
Mais noticias
O alcalde pide consumo responsable de auga para prepararse ante a posibilidade dun outono seco
O Concello expedienta á empresa da "zona azul" polo despedimento "inxusto e improcedente" de oito traballadores
Caballero saúda na Praza do Rei aos participantes na Xuntaza dos Campamentos Urbanos
O monte do Castro acollerá o concerto "Noite das Perseidas" coa Orquestra Clásica de Vigo
O goberno local firma un convenio de colaboración con UXT
Caballero destaca o Internacional de Tenis de Vigo como o segundo torneo máis lonxevo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003