Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 06 de xullo de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O MARCO ofrece con METRÓPOLE unha visión retrospectiva do panorama artístico galego

O alcalde resaltou esta mañá que Vigo foi pioneira a principio do século XX en asumir unha revolución da creatividade, unha forma diferente de entender a arte a través da cinematografía. Na presentación desta visión do panorama artístico actual, Caballero felicitou aos responsables da mostra, ao comisario e ao "excepcional" escultor que protagoniza a primeira das exposicións.




O ciclo ‘METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galega’, comisariado por Rubén Martínez Alonso, nace con un dobre obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang Metrópolis, e, a un tempo, ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual.

O proxecto comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado. O comisario concibiu o proxecto expositivo en dúas áreas claramente diferenciadas, tanto na montaxe como en contidos, así distribuídas nos espazos do primeiro andar do MARCO: por unha banda, a correspondente ao pasado, representada por unha sala na que, a partir da referencia ou homenaxe ao filme Metrópolis, se procura recrear o ambiente do Vigo dos anos vinte mediante planos e imaxes de arquitectura vangardista, fotografías e documentos de época, xunto a mobiliario, obxectos, vestiario e pezas decorativas de estilo art déco. Por outra banda, a primeira mostra individual do ciclo, que se exhibe nas salas frontais do primeiro andar.

Xosé Manuel Castro é o protagonista da primeira exposición individual do ciclo. Baixo o título Pedra filosofal. A mostra reúne máis de oitenta esculturas de distintos formatos e materiais, na súa maioría procedentes da colección do artista, ademais dunha obra en madeira producida especificamente para este proxecto, que estará acompañada de fotografías a modo de documentación do seu proceso creativo.
Mais noticias
O Concello firma convenios de colaboración con colectivos de Vigo por valor de 56.000€
Caballero: "O Vigo SeaFest é unha manifestación da fortaleza e capacidade da nosa cidade"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003