Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 06 de xullo de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello firma convenios de colaboración con colectivos de Vigo por valor de 56.000€

A Xunta de Goberno validou este xoves catro convenios de colaboración con outros tantos colectivos da cidade para a promoción e difusión das súas actividades. O alcalde informou dos acordos coa Federación de Peñas "El Olivo", UGT, Agarimo e Xoves Empresarios.

O alcalde deu conta en rolda de prensa da aprobación este xoves na Xunta de Goberno Local de catro convenios de colaboración para diferentes colectivos que traballan na cidade. Abel Caballero tamén informou do proxecto para o Belén Monumental que se vai a instalar na Casa das Artes as vindeiras festas de Nadal.

Por unha banda, o Concello firmou acordos de colaboración coa Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", por valor de 15.000 euros, para o fomento das súas actividades e coa Unión Comarcal da Unión Xeral de Traballadores (UXT) de Vigo, por outros 15.000 euros, para axudar ao financiamento das actividades da entidade.

Ademais, a Xunta de Goberno deu o visto e prace a unha axuda de 13.000 euros á Asociación de Amas de Casa e Consumo "Agarimo" para o aluguer do local social e outros 13.000 euros á Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo e Mancomunidade para o fomento das súas actividades.

Belén Monumental
Por último, o alcalde informou da proposta de adxudicación da contratación de servizos de exposición do Belén Monumental durante a vindeira campaña de Nadal. A Xunta de Goberno aprobou un orzamento de 55.000 euros para montar a exposición na Casa das Artes entre o 25 de novembro e o 6 de xaneiro.
Mais noticias
O MARCO ofrece con METRÓPOLE unha visión retrospectiva do panorama artístico galego
Caballero: "O Vigo SeaFest é unha manifestación da fortaleza e capacidade da nosa cidade"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003