Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 12 de xuño de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo adxudicará provisionalmente a humanización da Provincial esta semana

A clasificación de ofertas entre as 24 empresas presentadas á reforma será aprobada o xoves na Xunta de Goberno Local, como adiantou este martes Caballero. O alcalde explicou que a humanización se executa en colaboración coa Deputación e cun orzamento próximo aos 2,9 millóns.

O goberno vigués aprobará o xoves a clasificación de ofertas (antiga adxudicación provisional) para contratar as obras de humanización de Emilia Pardo Bazan, a coñecida como Estrada Provincial, segundo avanzou este martes Abel Caballero.

O alcalde adiantou que optaron 24 empresas a unha licitación con importe de case 2,9 millóns de euros, froito da colaboración do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra, unha "cooperación permanentemente aberta". A obra ten un prazo máximo de execución de 12 meses.

O Concello humanizará Emilia Pardo Bazán entre Gran Vía e Arquitecto Palacios, cunha "altísima calidade", valorou Caballero. Xunto ás melloras habituais dunha humanización, como as novas canalizacións de abastecemento de agua, pluviais e fecais, esta remodelación creará espazos para parques infantil e biosaudable e conexións coa Avenida de Madrid a través de ramplas e escaleiras.
Mais noticias
Caballero eleva a máis de 200 os concellos dispostos a recibir xa aos pasaxeiros do Aquarius
Caballero e Reigosa amosan "vontade absoluta de cooperación" e "plena sintonía" entre institucións
O Concello adquire unha parcela en Ramón Nieto para sacala a poxa pública e construír vivendas
O alcalde reclama á Xunta a reposición do servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Coruxo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003