Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 08 de xuño de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O MARCO incrementa as visitas un 90% con respecto ao 2017 coa exposición de Xulio Verne

O alcalde de Vigo e o tataraneto do autor francés visitaron este venres a exposición "Xulio Verne. Os límites da imaxinación", logo da conferencia impartida na tarde de onte por Jean Michel Verne no MARCO. A mostra foi visitada xa por 8.700 persoas, case que un 90% máis de visitas que no mesmo período do pasado ano.




Abel Caballero e Jean Michel Verne visitaron esta mañá a mostra programada polo Concello no MARCO de Vigo, despois da conferencia impartida onte neste espazo cultural polo familiar e experto na obra do escritor de Nantes.

Segundo datos ofrecidos polo alcalde de Vigo, desde a súa inauguración ata agora 8.700 persoas visitaron esta mostra, polas 4.600 visitas que recibira a programación expositiva do MARCO no mesmo período do 2017, un incremento próximo ao 90%. Caballero puxo en valor a exposición sobre Xulio Verne e avanzou que o goberno local fará unha campaña de divulgación polo "importante" desta e da relación entre o escritor a cidade.

Jean Michel chega a Vigo 140 anos despois de que o fixera o seu tataravó por primeira vez, data que a cidade está a conmemorar con distintos actos. O MARCO acolle unha mostra que ofrece contido específico da vinculación do autor francés e a cidade olívica. Ademais de tataraneto do autor de Nantes, Jean Michel Verne é escritor e xornalista, colaborador en prestixiosas publicacións internacionais, experto no traballo de Jules Verne, autor de diversos traballos sobre a súa obra e membro da Societé Jules Verne de Francia.

Abel Caballero recordou que o MARCO acolle, ademais da nomeada exposición, a mostra "A luz e a lente. Historia do microscopio a través da colección Camacho & Pallas". O alcalde salientou a "potenciación tan importante" do céntrico museo vigués, que "continuaremos".
Mais noticias
O Concello resolverá en dous meses as 2.950 solicitudes de Axudas Extraordinarias a Familias
O goberno de Vigo activa en Torrecedeira un plan integral de mellora da iluminación, limpeza e seguridade
Caballero participou na clausura da Escola de Hostelería Harina Blanca


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003