Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 08 de xuño de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo activa en Torrecedeira un plan integral de mellora da iluminación, limpeza e seguridade

O alcalde deu conta esta mañá da activación en Torrecedeira dun plan de acción para mellorar a iluminación, a limpeza e a seguridade. Ao mesmo tempo, proseguirán as obras de humanización da rúa, cun orzamento superior aos tres millóns de euros.

O Concello de Vigo implantou na zona de Torrecedeira un plan de acción integral polo que se despregarán máis axentes de policía, se incrementará a limpeza e a iluminación, ademais implantar coidadores de barrio e continuar cos traballos de humanización. Así o comunicou o alcalde hoxe venres, explicando que se vai actuar en todo o contorno da rúa e, singularmente, no parque infantil, no Parque Camilo José Cela, no colexio Picacho e na entrada da escola infantil municipal Santa Marta.

Nestes momentos, xa se están en marcha obras de humanización e modernización cun orzamento superior aos tres millóns de euros. Renovaranse pavimentos, crearase unha gran zona de xogos, aumentarase a luz e instalaranse cámaras de seguridade xunto ao ascensor previsto. Tamén deu detalles o rexedor sobre as obras que se están a realizar en Marqués de Valterra que leva anexo outro elevador, neste caso, desde o Instituto Oceanográfico ata Torrecedeira.

Igualmente, proseguiu "de xeito permanente" vai a haber catro coidadores de barrio e dúas dotacións de Policía Local día e noite -con apoio da Policía Nacional. De feito, Caballero indicou que que xa na noite do xoves ao venres realizáronse 20 identificacións, rexistráronse dúas actas de alcoholemia positiva e por drogas, e se retiraron varios vehículos con grúa.

"Estamos realizando unha atención especial e moi importante a esta zona", destacou o rexedor, que transmitiu aos veciños deste entorno que o Concello de Vigo sabe "moi ben o que está pasado" e lles pediu "que estean tranquilos, que xa se está a actuar".
Mais noticias
O Concello resolverá en dous meses as 2.950 solicitudes de Axudas Extraordinarias a Familias
O MARCO incrementa as visitas un 90% con respecto ao 2017 coa exposición de Xulio Verne
Caballero participou na clausura da Escola de Hostelería Harina Blanca


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003