Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 01 de xuño de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello recibe unha subvención de 265.000 euros para o Programa de Ocio Alterativo para a mocidade

O Concello vigués recibe un novo impulso ao recibir unha subvención de 265.000 euros do Ministerio de Sanidade. Ademais, hoxe mesmo o rexedor entregou os diplomas do concurso escolar "Por un lecer saudable" no que participaron numerosos centros educativos da cidade.




O Concello recibiu unha subvención de 265.651 euros do Ministerio de Sanidade para financiar o Programa de Ocio Alternativo de prevención de consumos aditivos en menores e mocidade. Tal e como explicou o rexedor, esta iniciativa forma parte do Plan Local de Drogodependencias que se executa todo o ano, cunha duración de 365 días e unha media de seis horas diarias. Entre outros aspectos, organízanse actividades de dinamización infantil e xuvenil; musicais; obradoiros de verán; actividades medioambientais e de hábitos saudables ou de asesoramento nutricional.

Outra das iniciativas incluídas no Plan de Drogodepencias é o concurso escolar "Por un lecer saudable", no que participaron aportando lemas contra a drogadicción numerosos centros educativos da cidade. Hoxe mesmo, o rexedor entregou os diplomas no Auditorio Mar de Vigo, onde se deron cita uns 250 chicos/as de 6º de Primaria, 2º e 4º da ESO.
Mais noticias
O alcalde felicita a Pedro Sánchez e asegura que a súa chegada á Presidencia é un avance para Vigo
O colombiano Juanes actuará o 8 de agosto en Castrelos dentro das festas do verán
O Concello contrata a construción do polideportivo de Romil por 2,2 millóns
As I Xornadas en Acústica Avanzada para aplicacións industriais traerán a Vigo a grandes expertos de toda Europa
O goberno de Vigo apoia con 91.500 euros a labor social de catro entidades


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003