Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 15 de maio de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A APP "Vigo Experience" achega aos turistas toda a oferta da cidade e buscar a súa interacción "para seguir mellorando"

"O 90% dos visitantes utiliza as novas tecnoloxías, por iso é esencial ofrecerlles aplicacións como esta", afirma Caballero.





O Concello e a Asociación de Hoteles de Vigo, Ahosvi, desenvolveron conxuntamente "Vigo Experience", unha aplicación de móbil que mostra aos
visitantes dunha forma sinxela e atractiva toda a oferta de lecer da cidade así como os seus puntos de interese, rutas, servizos e cupóns desconto dos comercios, entre outras moitas cousas.

"En Vigo queremos estar cada vez máis preto do turismo, unha pata excepcional da nosa economía, e esta aplicación ten toda a información interactiva da cidade e a capacidade de xerar o retorno que nos axudará a seguir mellorando", asegurou o alcalde na presentación da ferramenta.

"O 90 por cento dos visitantes utiliza nas súas viaxes as novas tecnoloxías, hoxe é raro ver a un turista cun mapa de papel, por iso é esencial achegarnos a eles con ferramentas como esta", engadiu.

O presidente dos hostaleiros de Vigo, Jaime Pereira, destacou as boas expectativas do sector para o verán e explicou que o lanzamento da aplicación "Vigo Experience" vai unido a unha páxina web e "á formación que daremos ás recepcións dos hoteis para que teñan un coñecemento máis profundo da cidade".

Pereira indicou que o manexo da aplicación, que se descarga de maneira gratuíta, "é moi sinxelo" e inclúe unha información completa dos puntos de interese da cidade, compras, hoteis, restaurantes, eventos culturais e deportivos actualizados, festas e servizos públicos. "Ademais, creamos itinerarios que van desde visitas exprés de só dúas horas ata rutas para
dúas ou tres días onde, por suposto, destacan as Illas Cíes e a Ría de Vigo".

Os usuarios da aplicación poderán ademais obter descontos nos comercios da cidade a través dos cupóns que inclúe "e que aos poucos irán aumentando ao unirse novos participantes", concluíu Pereira.
Mais noticias
O parque da rúa Venezuela duplicará a súa superficie de xogo e reforzará a seguridade
Caballero: "A Xunta pediu informes, deseño e documentación para o palco de Bouzas; para o proxecto da Gran Vía non piden nada e paralizan"
O alcalde apoia as reivindicacións das auxiliares de enfermería do Cunqueiro
O rexedor reclama un plan de obra compatible co tráfico en Rande e levantar as peaxes nos atascos
O II Festival Arxentino en Vigo reúne a máis de 40 artistas este sábado en Teis, co apoio do Concello
A Alcaldía exhibe a creatividade de seis ilustradores nunha nova edición de Mostrarte


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003