Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 15 de maio de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O II Festival Arxentino en Vigo reúne a máis de 40 artistas este sábado en Teis, co apoio do Concello

O goberno de Vigo respalda a segunda edición da cita, presentada hoxe martes xunto á cónsul de Arxentina en Vigo e a súa directora e subdirectora. O auditorio de Teis acollerá o Festival o 19 de maio ás 19 horas, con artistas "de renome internacional" e entrada de balde ata completar aforo.




O día da patria arxentina -o 25 de maio- celébrase este sábado en Vigo, no Auditorio municipal de Teis, a partir das 19 horas, con entrada de balde ata completar o aforo. Polo goberno de Vigo, o concelleiro Ángel Rivas invitou á cidadanía a achegarse e gozar da música e baile programados, dirixido a todos os públicos e con participación de máis de 40 artistas españois, arxentinos e uruguaios.

O II Festival Arxentino en Vigo trae á cidade a artistas "de renome internacional", como é o caso de Guillermo Fernández, autor de ampla e recoñecida traxectoria en Arxentina durante décadas, segundo expuxeron as organizadoras. A cita chega á súa segunda edición con vocación de superar a participación do seu primeiro ano para consolidarse na cidade e convertela en "referente" da unión dos pobos galego e arxentino.
Mais noticias
O parque da rúa Venezuela duplicará a súa superficie de xogo e reforzará a seguridade
Caballero: "A Xunta pediu informes, deseño e documentación para o palco de Bouzas; para o proxecto da Gran Vía non piden nada e paralizan"
O alcalde apoia as reivindicacións das auxiliares de enfermería do Cunqueiro
O rexedor reclama un plan de obra compatible co tráfico en Rande e levantar as peaxes nos atascos
A APP "Vigo Experience" achega aos turistas toda a oferta da cidade e buscar a súa interacción "para seguir mellorando"
A Alcaldía exhibe a creatividade de seis ilustradores nunha nova edición de Mostrarte


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003