Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 15 de maio de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde apoia as reivindicacións das auxiliares de enfermería do Cunqueiro

Tras unha reunión este martes co colectivo, Abel Caballero denunciou que a Xunta de Galicia lles obriga a facer traballos de limpeza que non lles corresponde e pode significar descoidar as funcións sanitarias que lle son propias. As profesionais "queren manter a calidade asistencial, teñen o meu apoio", concluíu o rexedor.




O alcalde recibiu este martes ao colectivo de auxiliares de enfermería do Hospital Álvaro Cunqueiro, que manteñen un conflito co SERGAS porque o ente dependente da Xunta lles obriga a encargarse tamén da recollida da roupa sucia. Despois da entrevista, Caballero trasladou o "enoxo" das profesionais, persoal sanitario cualificado que "non son persoal de limpeza e nunca o foron", e amosoulles o seu respaldo.

Abel Caballero afirmou que esta encomenda da Xunta de Galicia ás auxiliares responde a que "a empresa privada dona do hospital aforra gastos de limpeza e ten máis beneficios, pagado desde o público". O rexedor asegurou que as profesionais "teñen razón" na súa demanda e denunciou que "non se pode seguir tendo un hospital sometido de forma permanente a presións, a circunstancias impropias dun hospital, a facer máis atención ao negocio que a sanidade e a estar continuamente confrontando con colectivos da sanidade", en relación ás auxiliares, aos celadores, ás enfermeiras e persoal médico. "Non lles queda ninguén por confrontar porque son profesionais que queren manter a calidade na súa asistencia, por iso teñen todo o meu apoio".
Mais noticias
O parque da rúa Venezuela duplicará a súa superficie de xogo e reforzará a seguridade
Caballero: "A Xunta pediu informes, deseño e documentación para o palco de Bouzas; para o proxecto da Gran Vía non piden nada e paralizan"
O rexedor reclama un plan de obra compatible co tráfico en Rande e levantar as peaxes nos atascos
A APP "Vigo Experience" achega aos turistas toda a oferta da cidade e buscar a súa interacción "para seguir mellorando"
O II Festival Arxentino en Vigo reúne a máis de 40 artistas este sábado en Teis, co apoio do Concello
A Alcaldía exhibe a creatividade de seis ilustradores nunha nova edición de Mostrarte


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003