Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 14 de maio de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


1.600 escolares de 30 centros educativos visitarán no MARCO Jules Verne: Os límites da imaxinación

Abel Caballero deu conta esta mañá dun programa de visitas de escolares ao MARCO para gozar da mostra Jules Verne: Os límites da imaxinación. Ata mediados de xuño serán uns 1.600 alumnos de 30 centros diferentes os que coñezan de cerca os vínculos desta cidade co autor francés.

Ata o mediados do próximo mes de xuño, uns 1.600 escolares de 30 centros educativos visitarán a exposición didáctica Jules Verne: Os límites da imaxinación. Esta iniciativa municipal pretende, dixo o rexedor, transmitir ao alumnado a historia e a cultura da cidade dun xeito ameno xa que serán guiados por un dos máis importantes investigadores do vínculo entre Vigo e Jules Verne. Estudantes de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de Secundaria terán a oportunidade de coñecer os grandes adiantos que marcaron toda unha era de progreso para a humanidade e viaxar no tempo cos grandes pioneiros da tecnoloxía. No 2018 cúmprense 150 anos da entrada do submarino Nautilus na Ría de Vigo, na novela "20.000 leguas baixo dos mares" e tamén se celebran 140 anos da primeira das dúas visitas que o escritor fixo á cidade de Vigo.

Respecto das visitas ao MARCO, Caballero detallou que só nos últimos días de abril e nos primeiros dez de maio, a cifra é de case dous mil visitantes, unha cifra que duplica o número rexistrado no mesmo período do ano anterior.
Mais noticias
O Concello licitará as cintas mecánicas de Gran Vía desde María Berdiales ata Venezuela
O goberno de Vigo mellorará os accesos aos institutos Rosais 2 e República de Uruguai
O Concello dota ao Ceip Coutada Beade cun circuíto de seguridade viaria
A Airef asegura que Vigo cumpre con todos os criterios de solvencia financeira nos anos 2017 e 2018
O alcalde anima a todos os vigueses a participar no programa de arte urbana "CreaVigo"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003