Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 11 de maio de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O informe técnico da Xunta de Galicia non avala a paralización do proxecto de Gran Vía

Unha vez analizado o informe emitido desde Patrimonio da Xunta sobre o proxecto de Gran Vía, o rexedor asegurou que se trata dunha decisión política sen aval ou sustento técnico algún. De feito a parte técnica do documento limítase a realizar unha descrición do proxecto, sen aconsellar a paralización nen concluír en ningún momento que haxa incompatibilidade algunha co contorno.




O alcalde de Vigo asegurou esta mañá que a parte técnica do informe de Patrimonio da Xunta que ordena paralizar o proxecto de Gran Vía "non di unha sola palabra sobre parar a obra e non menciona incompatibilidade algunha co contorno". En ningún caso, abundou, aconsella a paralización, senón que se limita a describir o proxecto sen concluír, en ningún momento, que sexa preciso presentar outro proxecto. Na súa opinión, rematada a exposición técnica, a conclusión do informe trátase "dunha imposición política do PP contra esta cidade". Na reunión na que analizou este proxecto, tamén se informou sobre Porta do Sol e sobre o palco de Bouzas, pero estas dúas últimas resolucións aínda non chegaron ao Concello, polo que Caballero considerou sorprendente a rapidez en enviar o informe de Gran Vía.

En rolda de prensa, o rexedor deu conta dun nutrido número de expedientes municipais que levan moitos meses en Patrimonio -e aínda sen resposta- mentres que o das ramplas se emitiu en apenas unha semana, cunha "presa desmesurada". O informe de García Barbón solicitouse o 26 de xaneiro; o de Camelias, o 21 de febreiro; o de Serafín Avendaño, o 22 de febreiro; o da Porta do Sol, o 21 de marzo ; e, por último, o do palco de Bouzas, que se solicitou en novembro do ano pasado. Trátase dun "escándalo sen precedentes, unha decisión política, sen aval ou sustento técnico algún".

Respecto da cronoloxía, o proxecto aprobouse o 21 de decembro e foi notificado á Xunta o 8 de xaneiro, quen non din nada ao respecto do mesmo. O 27 de marzo, a Xunta envía un "comunicado" -un feito sen precedentes desde o punto de vista administrativo- explicando que "dado que é un espazo singular, parece que o instrumento urbanístico non da cobertura" e, a continuación, desde Patrimonio Histórico reclaman telefonicamente e remisión do proxecto. O Concello o envía o 11 de abril e "a partir de aí comeza a mobilización política". Vinte días despois, en tempo "récord" chega esta decisión política, remata o rexedor.
Mais noticias
O Concello, titular da nova depuradora de Vigo
O rexedor recibirá o martes ás auxiliares de enfermería ás que apoia nas súas reivindicacións
O Concello amplía o acordo coa Deputación para novos asfaltados nas parroquias de Vigo
O alcalde destaca a "calidade humana" de Delta Vigo como "parte importantísima do seu éxito"
O alcalde de Vigo anima á participación na 13º edición da Carreira Feminina El Corte Inglés


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003