Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 11 de maio de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello amplía o acordo coa Deputación para novos asfaltados nas parroquias de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que o Concello aprobou unha addenda ao convenio coa Deputación de Pontevedra para a execución de obras de substitución de firmes en vías das parroquias.

A Xunta de Goberno Local deu este xoves o visto e prace á ampliación do convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo para a execución de asfaltados nas parroquias. Segundo informou o alcalde, máis de 500.000 serán destinados a renovar os firmes en estradas e camiños de seis barrios vigueses.

O obxectivo da addenda -explicou Abel Caballero- é dar continuidade ao convenio firmado para a execución de obras en vieiros municipais das diferentes parroquias. Así, nos vindeiros meses levaranse a cabo reformas en Cabral (Fontiñas de Abaixo e Camiño Regueira)., Lavadores (Subida a Sello), Coruxo (Estrada Fragaselo), Comesaña (Camiño Rial), Matamá (Camiño Ribas) y Beade (Seixo).

A través do acordo, Concello e Deputación xa acometeron desde 2016 obras de substitución de firmes en Sárdoma (Miraflores), Castrelos (Camiño Viloura), Candeán (Camiño Monte Vixiador), Teis (Avenida Dona Fermina), Alcabre (Camiño Forte e Camiño Cruceiro) e Coruxo (Camiño Viño), Matamá (Roupeiro e Beirán), Zamáns (Estrada Marcosende), Bembrive (Arieiro), Bouzas (rúa Covadonga e rúa Eduardo Cabello), O Castro (Arines, Couto, Marqúes de Alcedo) e Praza América (Pastora).

Rúas Venezuela e Vía Norte
Ademais, o alcalde informou de que a Xunta de Goberno aprobou os proxectos e custes para a mellora da rede de abastecemento e saneamento na rúa Venezuela por un importe próximo aos 1,4 millóns de euros. A actuación será en tres tramos, entre Gran Vía e Vázquez Varela, entre Gran Vía e Joaquín Lóriga e entre Taboada Leal e Joaquín Loriga.

Tamén saíu adiante a proposta de adxudicación das obras de humanización da rúa Vía norte, entre Urzaiz e Escultor Gregorio Fernández, cun importe de licitación de 2,3 millóns e un prazo de execución de 10 meses. O rexedor destacou que se levarán a cabo traballos para a redes de abastecemento, residuais, augas pluviais, iluminación exterior, novas lámpadas e báculos, rede semafórica e nova sinalización.

Parque infantil da Praza Independencia
Por último, a Xunta de Goberno deu o visto e prace ao "macroparque" infantil da Praza de Independencia, que pasará a duplicar a súa superficie -ata os 800 metros cadrados- despois de levar a cabo un investimento de 200.000 euros.
Mais noticias
O informe técnico da Xunta de Galicia non avala a paralización do proxecto de Gran Vía
O Concello, titular da nova depuradora de Vigo
O rexedor recibirá o martes ás auxiliares de enfermería ás que apoia nas súas reivindicacións
O alcalde destaca a "calidade humana" de Delta Vigo como "parte importantísima do seu éxito"
O alcalde de Vigo anima á participación na 13º edición da Carreira Feminina El Corte Inglés


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003