Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 13 de abril de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A reforma ou ampliación de nove macro parques infantís en toda a cidade estará rematada nun ano

O goberno local está a traballar na ampliación e remodelación de nove macro parques infantís que estarán rematados nun ano. Nun mes estará rematado o de Venezuela e nas próximas semanas arrancarán a reforma do da Praza Independencia.

A Xunta de Goberno deu luz verde á clasificación de ofertas na contratación das obras de ampliación do parque infantil da Praza Independencia. Cun orzamento de 200.000 euros, nas próximas semanas arrancará a obra que terá un período de execución aproximado de tres meses.

Esta nova área de recreo se suma a outras oito que tamén van ser reformadas ou ampliadas antes dun ano. Os traballos do parque de Venezuela estarán rematados nun mes, mentres que o de Navia xa contratado. Pendentes de adxudicación están as áreas infantís de Barreiro e Pedro Alvarado. Respecto da actuación prevista en Bouzas, xa está en tramitación, unha vez recibida a autorización de Patrimonio. Os tres restantes, rúa Coruña, Jenaro de la Fuente y Maruja Mallo están en fase de elaboración do proxecto. Estamos facendo unha "especie de malla" de macro parques en toda a cidade.

Érguete
O goberno local tamén deu luz verde ao proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Axuda ao toxicómano Érguete para a continuidade do Programa de pisos de apoio á incorporación social de drogodependentes. O rexedor detallou que esta subvención de 45.000 euros ten por obxectivo financiar un programa de apoio residencial dirixido a persoas drogodependentes en tratamento que teñen alcanzado unha estabilidade no seu proceso terapéutico e necesitan dun recurso deste tipo para progresar na súa incorporación social. Trátase de que o usuario se adapte ao medio social a través dun programa de residencia temporal nunha vivenda normalizada coa supervisión de profesionais.

Outro dos convenios aprobados polo Goberno local foi coa Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia- Afaga. Cun importe de 18.000 euros, servirá para financiar un programa de respiro familiar a través de sesións de estimulación cognitiva e funcional para persoas con demencia neurodexenerativa.

Música
A Xunta de Goberno tamén deu luz verde a unha subvención de 4.000 euros para o programa Festival da Música e das Artes "Nas Ondas". A través dun convenio co Conservatorio de Música de Vigo, prevé a organización de 55 actos culturais, na súa maior parte musicais.
Mais noticias
O Concello propón instalar a Biblioteca do Estado nun novo edificio "singular" na rúa Lalín
O Concello patrocina unha homenaxe a Pepe Longueira mañá sábado no Auditorio Municipal
Cursos de pasamanería e cestería en colmo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003