Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 13 de abril de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Cursos de pasamanería e cestería en colmo

O Centro de Artesanía Tradicional -C.A.T.- programa para os meses de maio e xuño os cursos de "pasamanería" e " cestería en colmo". O prazo de inscrición remata o 20 de abril e realizarase no Museo Liste ( rúa Pastora,22)




CURSO PASAMANERÍA

Trátase dun curso de iniciación á pasamanería tradicional e ten como obxectivos a adquisición de destrezas básicas para a confección de grecas (cintas decoradas con pedrería para a decoración de roupa tradicional). Con metodoloxía totalmente práctica, intercalando explicacións do monitor coa confección de pequenas mostras por parte do alumnado. O docente é o artesán téxtil Rafael González Goyanes.

O curso estrutúrase en dúas partes:
1a- Achegamento ao mundo da pasamanería. Consistirá nun primeiro contacto cos materiais e os
métodos de construción con pasamanería para que o alumnado poida facer pequenas grecas.
2a- Traballo práctico de reprodución de grecas antigas e posibilidade de aplicalas a novas
creacións de pasamanería en deseños actuais

-Centro de Artesanía Tradicional. Rúa Subida ao Castelo, no 10 - Vigo
-Duración: 12 horas teórico – prácticas que serán repartidas en catro clases de tres horas
cada unha.
-Datas e horario: 9, 16, 23 e 30 de maio de 17:00 a 20:00 h.
- 10 prazas.
- Prazo de inscrición: do 5 ao 20 de abril.
- As inscricións realizaranse, exclusivamente, de xeito presencial e por rigoroso orde, na
recepción do Museo Liste (Rúa Pastora, 22) no momento de formalizar o pago, podéndose
habilitar unha lista de agarda se fose necesario.
- 10 euros por persoa (inclúe material).

CURSO CESTERÍA EN COLMO

Acción formativa na que os alumnos/as se iniciarán na cestería en palla (colmo) e na técnica de
cosido en espiral. O obxectivos son o achegamento ao mundo da cestería mediante a aprendizaxe de distintas técnicas tradicionais de trenzado e tecido das fibras vexetais e a creación dunha peza de cestería en colmo. O docente do curso e Rubén Berto Covelo. mestre artesán cesteiro.

LUGAR: Centro de Artesanía Tradicional. Rúa Subida ao Castelo, no 10 - Vigo
-Duración: 12 horas teórico – prácticas que serán repartidas en catro clases de tres horas
cada unha.
-Datas e horario: 4, 5, 6 e 7 de xuño de 17:00 a 20:00 h.
- 10 prazas.
- Prazo de inscrición: do 5 ao 20 de abril.
- As inscricións realizaranse, exclusivamente, de xeito presencial e por rigoroso orde, na
recepción do Museo Liste (Rúa Pastora, 22) no momento de formalizar o pago, podéndose
habilitar unha lista de agarda se fose necesario.
-10 euros por persoa (inclúe material).
Mais noticias
O Concello propón instalar a Biblioteca do Estado nun novo edificio "singular" na rúa Lalín
A reforma ou ampliación de nove macro parques infantís en toda a cidade estará rematada nun ano
O Concello patrocina unha homenaxe a Pepe Longueira mañá sábado no Auditorio Municipal


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003