Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 12 de abril de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello prevé ter en 3 meses o proxecto básico dos fondos e aparcamento do estadio de Balaídos

Nunha visita á zona, o alcalde informou da adxudicación provisional da redacción do proxecto básico e de execución do aparcamento e das bancadas de Gol e Marcador, orzamentado en 900.000 euros. Caballero indicou que o proxecto básico estará en tres meses, o que permitirá iniciar a adaptación urbanística e posterior licitación das obras.




A empresa Pedro de la Puente é provisionalmente a primeira clasificada no concurso para redactar os proxectos básico e de execución do novo aparcamento soterrado de Balaídos e dos fondos do estadio (as bancadas de Marcador e Gol). Detallou o alcalde que o orzamento ao efecto ascende a 900.000 euros, parte do convenio coa Deputación de Pontevedra que tamén inclúe outros 350.000 euros para os novos asentos de Río Baixo.

Os prazos avanzados polo rexedor indican que o proxecto básico estará concluido en tres meses. Comunicou Caballero que será entón cando o Concello tramite a adaptación urbanística dos fondos a través da chamada "lei Vigo", a Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese. Co procedemento urbanístico iniciado, o goberno vigués estará en disposición de arrancar coa licitación das obras de construción do aparcamento e das bancadas de Gol e Marcador.

En paralelo, anotou Caballero, o goberno de Vigo traballa nos estudos económico financeiros que permitan coñecer o valor do novo estadio de Balaídos para iniciar o proceso de concesión administrativa do recinto deportivo.

O alcalde subliñou a reforma "monumental" do estadio de Balaídos, levando adiante unha obra "que toda a cidade reclamaba", cun campo "como corresponde ao Celta de Vigo e á cidade". Caballero engadiu que, ata o momento, Concello e Deputación xa gastaron na remodelación 14 millóns de euros dun montante total que se elevará aos 40 millóns de euros: "un investimento colosal para un estadio colosal".

Tráfico
O goberno vigués activou a reordenación da circulación no entorno do estadio de Balaídos, para facelo "completamente distinto, áxil e fluido", apuntou Caballero. O rexedor recordou que onte mércores se abriu un carril da Avenida de Citroën, á altura da bancada de Río, e a mediados da próxima semana xa estarán os dous abertos.

Este mesmo xoves entra en funcionamento o dobre sentido da rúa Val Miñor, regulando o cruce coas avenidas Citroën e Portanet cunha nova glorieta. O obxectivo, aseverou Caballero, é dar alternativas á Avenida de Castrelos, que está saturada desde a apertura do novo hospital de Beade Valladares.
Mais noticias
O proxecto das cintas mecánicas para a Gran Vía de Vigo inclúe a plantación de 307 árbores
Dorian, Zoé e Morat, novas incorporacións aos concertos de verán en Castrelos
O goberno de Vigo rubrica o apoio a unha ducia de clubs deportivos con máis de 500.000 euros
O alcalde avoga por cambiar os marcos da política industrial no II Congreso Internacional Aeronáutico de Galicia
Abel Caballero invita á cidade a presenciar o VIII Encontro de Palilleiras Cidade de Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003