Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 12 de abril de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O proxecto das cintas mecánicas para a Gran Vía de Vigo inclúe a plantación de 307 árbores

Abel Caballero sinalou este xoves que a actuación de Vigo Vertical, financiada con fondos europeos, conta con todas as autorizacións para converter a Gran Vía nunha rúa accesible e inclúe a plantación de árbores e arbustos. "La Unión Europea deu a maior puntuación ata o punto de conceder unha axuda de 15 millóns de euros mediante o plan Edusi", destacou.

O proxecto Vigo Vertical para instalar cintas mecánicas na avenida da Gran Vía inclúe a plantación de 307 árbores e máis de 600 plantas. Así o avanzou este xoves o alcalde, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

"O proxecto para a Gran Vía é extraordinario e terá tres veces máis vexetación da que hai agora, o que queira poderá utilizar as cintas mecánicas para subir a avenida e o que non queira poderá utilizas as beirarrúas", sinalou o rexedor durante a rolda de prensa na que asegurou que o proxecto conta con todos os permisos necesarios.

Segundo avanzou Caballero, o mal estado das árbores actuais situadas nas beirarrúas e na medianeira obriga cambiar as especies e nalgún caso a transplantar para poder salvar as especies. É o caso dos camelios e laranxeiros que están afectados por fungos debido á polución. No referente aos castaños de indias e tilos das zonas laterais, os informes dos enxeñeiros agrónomos apuntan a que hai grave risco de caída.

"Son especies que non deberían estar aí e que debido as podas a súa estrutura modificouse e hai un perigo potencial de índice 10 sobre 12", engadiu o alcalde antes de lembrar a caída de árbores hai varios anos na cidade, nalgún caso enriba dun vehículo.

Ademais, explicou que a actuación na Gran Vía tamén inclúe diferentes especies de árbores máis adecuadas para a zona, así como arbustos e plantas en todo o tramo desde a rúa Lepanto hasta Venezuela. O rexedor apuntou que o proxecto conta cun orzamento de 9 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses para instalar as cintas mecánicas en catro tramos que salvarán 650 metros en un tempo de dous minutos.

Abel Caballero sinalou tamén que a obra ten todos os permisos e que non é necesaria a autorización de Patrimonio, xa que a obra non afecta a elementos a protexer e, tal e como sucede noutras actuacións como García Olloqui ou Praza de Compostela, a propia Consellería de Cultura sinalou que non facía falla.
Mais noticias
O Concello prevé ter en 3 meses o proxecto básico dos fondos e aparcamento do estadio de Balaídos
Dorian, Zoé e Morat, novas incorporacións aos concertos de verán en Castrelos
O goberno de Vigo rubrica o apoio a unha ducia de clubs deportivos con máis de 500.000 euros
O alcalde avoga por cambiar os marcos da política industrial no II Congreso Internacional Aeronáutico de Galicia
Abel Caballero invita á cidade a presenciar o VIII Encontro de Palilleiras Cidade de Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003