Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 11 de abril de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Regades salienta a transparencia do Concello de Vigo e a obxectividade da súa contratación

O tenente de alcalde e edil de Fomento e Contratación asegurou este mércores que o Concello é "a administración máis transparente e a que fai a contratación máis obxectiva, sempre sen ningún reparo e sen ningunha observación nin de asesoría xurídica nin do interventor".




O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento e Contratación, David Regades, valorou este mércores os datos da contratación municipal en comparación con outras administracións galegas. Regades concluíu que o Concello é "a administración máis transparente e a que fai a contratación máis obxectiva, sempre sen ningún reparo e sen ningunha observación nin de asesoría xurídica nin do interventor".

Regades explicou, con datos de 2016, que o 13,8% do volume contratado na administración municipal foi a través de contratos menores, unha cifra que se eleva ao 47,1% no caso da Xunta de Galicia. O goberno autonómico, engadiu, adxudicou o 97,05% dos contratos mediante este procedemento. Os datos ofrecidos proceden da Consellería de Facenda, extraídos do Rexistro Público de Contratos da Xunta de Galicia.

"Unha das fortalezas do goberno de Abel Caballero é a súa transparencia e a forma exemplar coa que fai a contratación", subliñou o segundo tenente de alcalde vigués, quen comparou tamén a xestión de Vigo coa doutros concellos. Así, Ourense ten 17 contratos "sen ningún tipo de control" -reparados polo interventor e a asesoría xurídica municipal- polos cero contratos de Vigo nesta situación, mentres que Ferrol ten 23 servizos "sen contrato", algo que tampoco acontece no Concello de Vigo.
Mais noticias
O Concello promove unha plantación de árbores no Parque Forestal do Vixiador con escolares
EXPOSICIÓN ESAD NA CASA DA XUVENTUDE


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003