Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 09 de marzo de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello de Vigo aproba unha achega de 605.000€ para o Museo MARCO

A Xunta de Goberno Local deu este venres o visto e prace á transferencia de financiamento do Concello de Vigo á Fundación MARCO. O alcalde, Abel Caballero, destacou que a achega municipal supón o 75 por cento do orzamento do museo e lembrou que tanto a Xunta de Galicia como o Ministerio de Cultura reduciron de forma importante as súas subvencións.

A Xunta de Goberno Local, reunida este venres, acordou validar a transferencia de financiamento do Concello de Vigo á Fundación MARCO por un importe de 605.000 euros. A achega municipal supón o 75 por cento do orzamento do museo (803.000 euros), tal e como destacou o alcalde na súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Abel Caballero lembrou que a Xunta de Galicia rebaixou a súa subvención desde os 300.000 aos 100.000 euros actuais, mentres que o Ministerio de Cultura reduciu de 135.000 a 35.000 euros. "O Museo MARCO mantén o seu orzamento nos últimos cinco anos con financiamento case total do Concello de Vigo", explicou.

Lumiere
A Xunta de Goberno tamén aprobou o convenio coa Asociación Club Lumiere de Vigo para financiar o programa de proxeccións de cine en versión orixinal durante 2018 cunha achega total de 10.000 euros.
Mais noticias
Abel Caballero, "orgulloso" da mobilización de Vigo polo 8 de marzo, que marcará "un antes e un despois"
Vigual aplázase pola alerta amarela anunciada para esta fin de semana
O Concello abre o luns o prazo de inscripcións para optar ás 750 prazas do "Vigo en Inglés"
O Goberno de Vigo aproba o proxecto de construción da pista de parkour en Navia
O alcalde dálle a benvida a Vigo ao grupo Ballesol e á súa residencia para maiores de Gran Vía
Caballero salienta a "internacionalización" que ofrece a reunión de ProVigo cos países de lingua portuguesa


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003