Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 09 de marzo de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello abre o luns o prazo de inscripcións para optar ás 750 prazas do "Vigo en Inglés"

Este venres publicáronse no BOP as bases e convocatoria do programa municipal de estudos no Reino Unido e Irlanda. Informou o alcalde que as solicitudes poden presentarse do 12 ao 23 de marzo, ambos incluidos. O Concello eleva este ano a 750 as vacantes para alumnado de 3º de ESO.

O Concello de Vigo abre o prazo para solicitar unha das 750 bolsas de inglés que oferta este ano aos estudantes de 3º de ESO que queiran pasar un mes no Reino Unido e Irlanda nun programa de inmersión lingüística. Os interesados poden presentar a súa candidatura entre os días 12 e 23 de marzo, ambos incluidos.

Así o trasladou este venres o alcalde de Vigo, Abel Caballero, toda vez que o BOP publica hoxe as bases e convocatoria deste programa municipal. O goberno que preside adica máis de 1,7 millóns de euros para a inmersión lingüística do alumnado durante un mes, que as rendas altas abonan nun 25% do custo da praza, polo 15% para as rendas medias e a gratuidade total para as rendas menores.

Para optar, os interesados poden recoller o formulario de solicitude no departamento de Educación no Concello de Vigo ou descargalo da web vigoeningles.org. O prazo de presentación das solicitudes abre o luns e e pecha o 23 de marzo. Segundo figuran nas bases da convocatoria, os requisitos para obter praza pasan por ter o curso anterior aprobado e un sete de nota mínima en inglés, ademais de estar censado na cidade.

O alcalde salientou o "éxito excepcional" dun programa que concede en Vigo máis bolsas de estudos que as comunidades autónomas de Madrid e Cataluña xuntas, segundo destacou en rolda de prensa.
Mais noticias
Abel Caballero, "orgulloso" da mobilización de Vigo polo 8 de marzo, que marcará "un antes e un despois"
Vigual aplázase pola alerta amarela anunciada para esta fin de semana
O Concello de Vigo aproba unha achega de 605.000€ para o Museo MARCO
O Goberno de Vigo aproba o proxecto de construción da pista de parkour en Navia
O alcalde dálle a benvida a Vigo ao grupo Ballesol e á súa residencia para maiores de Gran Vía
Caballero salienta a "internacionalización" que ofrece a reunión de ProVigo cos países de lingua portuguesa


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003