Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 12 de febreiro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


As paradas adicionais para mulleres nos buses nocturnos comezarán a funcionar o venres 16

Os autobuses nocturnos permitirán ás mulleres baixarse entre paradas nos servizos nocturnos de transporte para que, dentro da ruta do autobús, as usuarias baixen o máis cerca posible dos seus destinos. Trátase, dixo o rexedor, dunha medida para incrementar a seguridade das mulleres no seus desprazamentos nocturnos.

A partir do próximo venres, 16 de febreiro, os autobuses urbanos permitirán ás usuarias baixarse entre paradas nos servizos nocturnos para achegarse o máis posible aos seus destinos. Tal e como reiterou esta mañá o rexedor en rolda de prensa, estas paradas adicionais nas rutas de autobuses incrementarán a seguridade das mulleres nos seus desprazamentos nocturnos xa que poderán baixarse do autobús a demanda en calquera momento do traxecto empregando a porta dianteira para evitar riscos de tráfico. Esta medida funcionará en todas as liñas a partir das 22,30 h, incluídas as tres rutas nocturnas.

O alcalde tamén explicou que as mulleres vítimas de violencia de xénero do Centro de Emerxencias contan co servizo gratuíto de transporte público, a través dunha tarxeta que ata o de agora era a Verde e que será substituída pola Passvigo.

Orzamento igualdade
O orzamento de igualdade do Concello de Vigo alcanza os 813.000 euros, con servizos como o Centro de Emerxencia (241.000 euros); o Programa Kanguros (158.000 euros); O Plan municipal de igualdade de oportunidades (155.000 euros); o Programa de inserción laboral para mulleres vítimas de malos tratos (50.000 euros); campañas contra a violencia de xénero (13.000 euros); actividades de igualdade e deporte feminino (48.000 euros); actos (12.000); Casa das Mulleres (11.000 euros); cursos de defensa persoal ou vivendas para aloxar ás vítimas e aos seus fillos.

Urbanismo
O Concello continúa coa rehabilitación de edificios e na próxima Xerencia de Urbanismo concederá licencia para a rehabilitación do inmoble situado no número 2 de Doutor Cadaval. Cun orzamento de máis de medio millón de euros, o edificio consta de baixo comercial e cinco plantas.


Mais noticias
O alcalde reclama ao Goberno a aprobación da xubilación anticipada para os axentes da Policía Local
O alcalde destaca o "éxito" das turboglorietas, que reducen a siniestralidade nun 55%
Caballero anuncia Vigual, "a marcha máis importante que se poida facer nunca" pola igualdade, para o 11 de marzo
O Concello da o seu apoio á feira de mozos emprendedores en Vigo
CURSO DE LINGUA GALEGA "Auga doce"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003