Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 12 de febreiro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde reclama ao Goberno a aprobación da xubilación anticipada para os axentes da Policía Local

Caballero recibiu este luns a representantes da Asociación Galega de Policías Locais e lembrou que o Ministerio de Facenda ten paralizada a tramitación da xubilación voluntaria. "É moi urxente e no lle custaría nada ao Goberno, posto que serían os concellos e os propios axentes os que pagarían", sinalou.




O alcalde reclamou de novo ao Ministerio de Facenda que aprobe con urxencia xubilación anticipada voluntaria aos 59 anos para os axentes das policía de toda España. Abel Caballero recibiu este luns no Concello de Vigo aos representantes da Asociación Galega de Policías Locais para tratar o asunto.

"A xubilación anticipada está paralizada no Ministerio de Facenda, pero os policías teñen todo o apoio da FEMP e a queremos sacar adinte de forma urxentísima", aseguro o rexedor tras a xuntanza. Os policías locais reclaman que poida acollerse á xubilación anticipada voluntaria con 59 años, de maneira idéntica aos bombeiros.

"A unha determinada idade é moi complicado que os policías realicen determinados traballos na rúa, existen 75.000 axentes e reclamamos a súa xubilación voluntaria anticipada", sinalou Caballero antes de explicar que a medida ten custe cero para a Seguridade social, posto as corporacións locais faríanse cargo do 8,5% e o outro 1,5% irá a conta dos propios policías.

Segundo explicou o alcalde, a Asociación Española de Policías Locais tamén reclamou a medida, que xa debería estar aprobada desde xuño de 2017, polo que Caballero urxiu ao Goberno a aprobalo "tal e como comprometeu".
Mais noticias
As paradas adicionais para mulleres nos buses nocturnos comezarán a funcionar o venres 16
O alcalde destaca o "éxito" das turboglorietas, que reducen a siniestralidade nun 55%
Caballero anuncia Vigual, "a marcha máis importante que se poida facer nunca" pola igualdade, para o 11 de marzo
O Concello da o seu apoio á feira de mozos emprendedores en Vigo
CURSO DE LINGUA GALEGA "Auga doce"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003