Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 09 de febreiro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo remodela o parque Camilo José Cela, que inclúe un ascensor entre Torrecedeira e Pi y Margall

Encabezado polo alcalde, este venres tivo lugar o acto simbólico de colocación da primeira pedra dunha obra de case 2,8 millóns e 14 meses de duración, que suporá a renovación completa do parque e a construción dun elevador que unirá Torrecedeira con Pi y Margall.




O goberno vigués deu comezo este venres ás obras de remodelación integral do parque Camilo José Cela, unha obra que forma parte do proxecto Vigo Vertical cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea.

Explicou Caballero que esta reforma conta cun orzamento próximo aos 2,8 millóns de euros e un prazo estimado de obras de catorce meses. Coa reforma do espazo, o Concello constuirá un elevador que unirá Conde de Torrecedeira con Pi y Margall, á altura do ascensor que xa conecta Pi y Margall coa Avenida das Camelias.

O goberno local transformará un parque infrautilizado nun novo lugar de uso cidadá, detallou o alcalde, con novos pavimentos, a remodelación da parte alta e a creación dunha área de xogo infantil, ademais da execución de novas canalizacións de pluviais, drenaxe, abastecemento, saneamento, rego e novo mobiliario urbano. Os embarques ao ascensor terán cámaras de seguridade.

Dentra da estratexia do Vigo Vertical, o Concello impulsa dous ascensores máis para conectar a rúa Marqués de Valterra con Torrecedeira. Un destes estará á altura da rúa Instituto Oceanográfico e formará parte da segunda fase da humanización de Marqués de Valterra, que comezará a próxima semana, tal e como asegurou este venres Abel Caballero.

A nomeada fase da humanización, desde a rúa Gaiteiro Ricardo Portela a Juan Ramón Jiménez, presenta un orzamento de 871.000 euros e incorpora a construcción dun ascensor acristalado en Instituto Oceanográfico. O alcalde recordou que o goberno que encabeza proxecta ademais outro elevador á altura de Juan Ramón Jiménez, para dar continuidade ao xa operativo de Camelias a Pi y Margall e ao incluido na obra do parque Camilo José Cela, que arranca o venres, entre Pi y Margall e Torrecedeira.
Mais noticias
Vigo arranca este venres o seu Entroido co concerto de Efecto Pasillo
Os autobuses urbanos permitirán ás usuarias baixarse entre paradas nos servizos nocturnos
O Concello da o seu apoio ao congreso de investigación mariña sobre descartes pesqueiros

Caballero esgrime razóns ambientais, viarias e de calidade de vida para restrinxir os camións pesados en Teis
Programa do Entroido 2018
Regulación do tráfico co gallo do Entroido


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003