Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 09 de febreiro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  

BANDO ENTROIDO 2018
Regulación do tráfico co gallo do Entroido

Con motivo do desenvolvemento dos actos do Entroido 2018, que afectarán principalmente as rúas García Barbón, Policarpo Sánz, Porta do Sol e Paseo de Alfonso XII, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e cortes de tráfico:

Venres, 9 de febreiro

Cortarase o tráfico en horario de 19:00 a 00:30 horas aproximadamente, na Porta do Sol, Paseo de Alfonso XII, cruce de Colón e Dr. Cadaval con López de Neira.

Sábado, 10 de febreiro:

Con motivo dos actos que se van a levar a cabo na celebración do Entroido, que afectarán principalmente a zona da praza de García Barbón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e Paseo de Alfonso XII, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e corte de tráfico:

DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS.-

As 17,00 terá lugar a concentración de carrozas entre a rotonda de Isaac Peral e a rotonda de Julián Estevez.

As 18,00 ten prevista saída da comitiva e percorrerá as rúas García Barbón (dende a rotonda de Isaac Peral), Policarpo Sanz e Porta do Sol, onde rematarán.

A partir das 17,00 horas quedará cortada ao tráfico as rúas do percorrido

Desviacións:

- Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido das comparsas non poderán facelo dende as horas establecidas.
- Queda pechado ó tráfico o acceso dende a rúa Progreso por rúa Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol.
- Aqueles vehículos que circulen pola Avenida de Galicia terán que desviarse pola Avenida de Bos Aires á Travesía de Vigo e centro da cidade, ou ben facelo por Sanjurjo Badía para entrar na rotonda de Julián Estévez e os túneles de Areal – Beiramar, para chegar a rúa Coruña e Bouzas.
- Recoméndase non circular pola rúa Torrecedeira, e facelo pola rúa Beiramar para os que leven destino Teis, e pola rúa Coruña – Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo
- Recoméndase ós vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa Coruña, Praza de América e Gran Vía para os destinos de Gran Vía e Calvario.
- Os vehículos precedentes da autoestrada con saída Alfonso XIII, e os que baixen por esta rúa, desviaranse pola rúa Cervantes.
- Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzáiz terán que ser desviados no cruzamento con Vázquez Varela.
- Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
- Aconséllase ós vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, Praza de América e rúa Coruña para chegar ó seu destino.
- Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Alfonso XIII e García Barbón desviaranse no cruce da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzáiz.
- Anularase a saída da autoestrada por Isaac Peral.
- Ós vehículos que circulen pola Travesía de Vigo con dirección a García Barbón non se lles permitirá chegar facendo que xiren na rotonda de San Lourenzo.
- Os vehículos que circulen pola rúa Areal desviaranse pola rúa Oporto e rotonda da Paelleira.
- Os vehículos que circulen pola rúa Rosalía de Castro desviaranse pola rúa Serafín Avendaño e Miragaia cara a rúa Areal dirección Praza de Compostela e tunel de Beiramar
- Soamente se permitirá baixar pola rúa Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.

Peches de tráfico:

A partir das 10,00 h., non se permitirá o aparcamento de vehículos en todo o percorrido, nin motocicletas enriba das beirarrúas..

Os cortes produciranse a partir das 16,00 h. en:
Sanjurjo Badía-Enrique Lorenzo.
Saída da autoestrada a Isaac Peral
Rotonda de San Lourenzo con dirección a García Barbón.
Rúa Areal- "Paelleira", agás Estación de Tren de Guixar e residentes
Rúa Colón-Areal
Paseo de Alfonso XII
López de Neira-Doutor Cadaval
Alfonso XIII-Cervantes
Urzáiz-Lepanto
Urzáiz-México
Urzáiz-Vázquez Varela
Miragaia-Rosalía de Castro
Canceleiro-Rosalía de Castro
Oporto-Rosalía de Castro
República Arxentina-Uruguai
Camelias-Romil
Cachamuiña.

As únicas entrada e saídas á zona do Areal-Rosalía de Castro-zona Praza de Compostela e Beiramar terán que ser pola rotonda de Julián Estévez e pola rúa Coruña.

Desaconséllase totalmente a utilización desta zona agás ós que teñan o seu destino na mesma ou ós usuarios da autoestrada.

Punto de encontro de nenas/os perdidos e posto de emerxencia.

- Establecerase catro postos destacados de emerxencias: rúa Alfonso XIII; no cruzamento Colón-Urzáiz; rúa Miragaia e rúa e rúa Doutor Cadaval, e dous postos de atención a nenos/as perdidos no lateral da igrexa de Santiago de Vigo e Praza da Princesa.
- No caso de perdas de nenos/as, dirixirse aos voluntarios/as de Protección Civil, Cruz Vermella, Organización e ós axentes da Policía Local.
- Establécese unha reserva de espazo para persoas con mobilidade reducida no cruzamento da rúa de Alfonso XIII con García Barbón (diante de Santiago de Vigo).


Recomendacións finais

- Evitar o uso dos vehículos particulares.
- Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos treitos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencia de ambulancias e bombeiros.
- Evitar a concentración de público na zona de montaxe da comitiva na rúa García Barbón entre o nó de Isaac Peral e a rotonda de Julián Estévez e Sanjurjo Badía.
- O acceso das comparsas e carrozas ao lugar de concentración realizarase preferentemente dende a rotonda de Julián Estévez.
- Manter control sobre os nenos, evitando a súa perda e que se abalancen preto das carrozas na busca de caramelos.
- Atender as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da Organización.

VERBENA.-
A celebrar na Porta do Sol.

Cortarase a rúa Doutor Cadaval desde López de Neira ás 20:30 horas. Así como a rúa Policarpo Sanz desde o cruce de Colón e o Paseo de Alfonso XII, permitíndose unicamente o paso do transporte público.

Ás 21:30 horas péchase definitivamente o tráfico.

Domingo, 11 de febreiro:

O domingo terá lugar a carreira popular, en horario de 10:00 a 13:00 horas, con percorrido,

Modalidades: Infantil, adulto e veterano.
Horario Adulto e Veterano: 11:00 horas.

Itinerario Adulto e veterano: Porta do Sol (saída), rúa Elduayen, Paseo de Alfonso XII, rúa Pi y Margall, rúa López de Mora, avenida Camelias, rúa Romil, rúa Cachamuíña, Ronda de Don Bosco, rúa Progreso, rúa Doutor Cadaval e Porta do Sol (remate).

Horario infantil: a partir de 10:00 horas.
Itinerario Infantil: rúa Príncipe
Porta do Sol, rúa Elduayen, rúa Pi y Margall, López Mora, Camelias, Romil, Cachamuiña, Ronda de D. Bosco, Progreso, Doutor Cadaval e Porta do sol

O percorrido pecharase o tráfico a partires das 10,00 horas

Cortarase tamén en horario de 17:00 a 21:00 horas Doutor Cadaval con López de Neira.

Martes, 13 de febreiro:

Cortarase en horario de 17:00 a 21:00 horas Doutor Cadaval con López de Neira.

VERBENA.-
A celebrar na Porta do Sol.

Cortarase a rúa Doctor Cadaval desde López de Neira ás 20:30 horas. Así como a rúa Policarpo Sanz desde o cruce de Colón e o Paseo de Alfonso XII, permitíndose unicamente o paso do transporte público.

Ás 21:30 horas péchase definitivamente o tráfico.

Mércores, 14 de febreiro:
EXEQUIAS FUNERARIAS SOLEMNES DAS COMPARSAS.- Porta do Sol 18:30. O percorrido será desde a Porta do Sol, rúa do Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e remate na Porta do Sol.

A partir das 17,30 horas quedará cortada ao tráfico as rúas do percorrido

Peches de tráfico

Os cortes produciranse en:
Paseo de Alfonso XII
Doutor Cadaval-Porta do Sol
Reconquista-Marqués de Valladares
Cruce de Colón

Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido das comparsas non poderán facelo dende as horas estabelecidas.

Á parte do referido, en diversos momentos dos días de celebración realizaranse cortes de tráfico puntuais para permitir o paso dos pasarrúas que acompañan a celebración.

Vigo, 6 de febreiro de 2018

O Alcalde
Abel Caballero Álvarez
Mais noticias
Vigo arranca este venres o seu Entroido co concerto de Efecto Pasillo
O goberno de Vigo remodela o parque Camilo José Cela, que inclúe un ascensor entre Torrecedeira e Pi y Margall
Os autobuses urbanos permitirán ás usuarias baixarse entre paradas nos servizos nocturnos
O Concello da o seu apoio ao congreso de investigación mariña sobre descartes pesqueiros

Caballero esgrime razóns ambientais, viarias e de calidade de vida para restrinxir os camións pesados en Teis
Programa do Entroido 2018


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003