Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 08 de febreiro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde anima á cidadanía a acudir o sábado 10 á III edición da "Gala benéfica Nico contra o cancro infantil"

A "III Gala benéfica Nico contra o cancro infantil" encherá de solidariedade o Teatro Afundación o próximo 10 de febreiro. Na rolda de prensa de presentación, o rexedor animou a toda a cidade a participar dun evento que contará con Carlota Corredera, como mestra de cerimonias.




Abel Caballero animou a toda a cidade a asistir o próximo sábado 10 de febreiro á "III Gala benéfica Nico contra o cancro infantil" que comezará ás 20,00 horas no Teatro Afundación. Nunha rolda de prensa acompañado por Óscar Novo e Patricia Leal, coordinadora e promotora do evento, respectivamente, o rexedor resaltou a relevancia da gala que contará coa xornalista viguesa Carlota Corredera como mestra de cerimonias.

Os asistentes gozarán da creatividade dos deseñadores Patricia Avendaño, Cristóbal Vidal, Manuel Pampillón e Reme Espantoso, ademais das actuacións do "padriño" da gala, o bailarín David Pereira, da Plazuela, de Beatriz González, da violonchelista Rosa Cedrón ou da actriz Gemma Pardo, entre outros. Tamén estarán Silvia Fominaya e Diana Nogueira como invitadas especiais.

O 100% da recadación será para financiar proxectos de investigación contra o cancro infantil e as entradas xa están á venda en Ataquilla. A organización conta tamén cunha Filazero para todos aqueles que queiran facer a súa achega aínda que non poidan asistir ao evento.
Mais noticias
O goberno de Vigo licita a transformación da Gran Vía por 9 millóns de euros
O alcalde coida "imprescindible" que a Xunta solucione o conflito dos traballadores de Xustiza
O Concello organiza conferencias, paseos literarios e rutas pola ría no "Encontro Internacional De Verne a Vigo"
O Concello aproba o cuarto programa de medianeiras con outra quincena de murais nas rúas de Vigo
Caballero visitou os cursos de educación vial que imparte a Policía Local no colexio Alba


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003