Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 08 de febreiro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello aproba o cuarto programa de medianeiras con outra quincena de murais nas rúas de Vigo

A Xunta de Goberno Local aprobou as actuacións preparatorias para poñer en marcha o cuarto plan de arte urbana coa que decorar medianeiras e outros elementos verticais con incidencia sobre la vía pública. O alcalde anunciou "unha grande mobilización" cultural arredor do programa de medianeiras.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves o "Cuarto programa para medianeiras e outros elementos verticais con incidencia sobre a vía pública e demais espazos libres que conforman a paisaxe urbana". Dotado cun orzamento de 480.000 euros, o plan desenvolverase ao longo de 2018 co obxectivo de decorar 15 murais na cidade e inclúe un programa de acción cultural.

"Imos facer unha grande mobilización arredor das medianeiras, non temos límite orzamentario, estamos cerca dos 100 murais e Vigo xa é un lugar de referencia", apuntou o rexedor. A finalidade do plan é contribuír á recuperación e revitalización da contorna urbana e comercial, por en valor o patrimonio da cidade e mellorar a calidade de vida da cidadanía, ademais de dar a coñecer a obra de artistas urbanos.

Rede de Mulleres Veciñais
Ademais, a Xunta de Goberno tamén aprobou o proxecto de convenio coa Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos. Cun orzamento de de 46.128 euros, está destinado a contratar a 2 traballadoras sociais, 1 administrativa e 1 psicóloga para formación e dinamización de vítimas de violencia de xénero e a súa reincorporación laboral.

O alcalde explicou que o 90 por cento do orzamentario da asociación corresponde con fondos aportados polo Concello e destacou que "pese a súa importancia, está desatendida pola Xunta de Galicia".

Aspanaex
Por último, na mesma sesión da Xunta Local aprobouse a promoción do Proxecto Residencia Aspanaex para a súa cualificación como Proxecto Empresarial de Interese Municipal (PEIM) para que teña bonificacións fiscais de entre o 50 e o 75% das taxas, o que suporá un importe de 102.000 euros.
Mais noticias
O goberno de Vigo licita a transformación da Gran Vía por 9 millóns de euros
O alcalde coida "imprescindible" que a Xunta solucione o conflito dos traballadores de Xustiza
O Concello organiza conferencias, paseos literarios e rutas pola ría no "Encontro Internacional De Verne a Vigo"
O alcalde anima á cidadanía a acudir o sábado 10 á III edición da "Gala benéfica Nico contra o cancro infantil"
Caballero visitou os cursos de educación vial que imparte a Policía Local no colexio Alba


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003