Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 08 de febreiro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo licita a transformación da Gran Vía por 9 millóns de euros

Abel Caballero anunciou a aprobación este xoves da contratación, os pregos de condicións e apertura da licitación da transformación da Gran Vía, de Lepanto a Praza de España, incorporando rampas mecánicas, ámbitos artísticos e culturais e novas zonas verdes no bulevar. A obra, cofinanciada por fondos FEDER da Unión Europea, sae a licitación por 9 millóns de euros.

O alcalde informouno este xoves en rolda de prensa despois da Xunta de Goberno Local que deu luz verde aos pregos, contratación e licitación da transformación da Gran Vía, entre Lepanto e a rúa Nicaragua, por 9 millóns de euros. Caballero detallou que esta mellora, enmarcada na estratexia de mobilidade sostible Vigo Vertical cofinanciada con fondos FEDER da Unión Europea, será sufragada con case 4,8 millóns das contas deste mesmo ano e outros 4,2 no 2019.

O obxectivo do Concello é crear un "sistema de mobilidade distinto", ofrecendo mediante medios mecánicos unha forma de chegar á Praza de España en pouco máis de tres minutos, apuntou Caballero. As distintas rampas farán "poroso" o percorrido, permitindo subir e baixar en distintos puntos da Gran Vía.

Engadiu Abel Caballero que esta iniciativa incorporará elementos de mellora de eficiencia enerxética, creación de ámbitos artísticos e culturais e de novas zonas verdes, ademais de incluir a renovación das canalizacións de saneamento, abastecemento, rego e pluviais.

Venezuela
Na Xunta de Goberno Local, o Concello tamén aprobou a redacción do proxecto técnico para a mellora da rede de abastecemento e saneamento da rúa Venezuela. Como avanzara Caballero onte, o goberno vigués substituirá as canalizacións de todo o vial, desde Marqués de Alcedo ata Pizarro, cun investimento que roza os 860.000 euros.

O alcalde explicou que é preciso cambiar o saneamento e abastecemento en Venezuela porque a rede todavía presenta treitos de fibrocemento, obsoletos, que en ocasións provocan roturas. Caballero recordou que o goberno local, ademais deste investimento, humanizará toda a rúa.

Por último, a Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de renovación do terceiro elevador do Concello de Vigo, unha obra que presenta un prazo de execución de 12 semanas e un importe lixeiramente superior aos 72.000 euros.
Mais noticias
O alcalde coida "imprescindible" que a Xunta solucione o conflito dos traballadores de Xustiza
O Concello organiza conferencias, paseos literarios e rutas pola ría no "Encontro Internacional De Verne a Vigo"
O Concello aproba o cuarto programa de medianeiras con outra quincena de murais nas rúas de Vigo
O alcalde anima á cidadanía a acudir o sábado 10 á III edición da "Gala benéfica Nico contra o cancro infantil"
Caballero visitou os cursos de educación vial que imparte a Policía Local no colexio Alba


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003