Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 11 de xaneiro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero agradece o "traballo" dos sanitarios que palían "unha parte das deficiencias do hospital"

"Menos mal que os profesionais están a suplir con celo, coa súa capacidade e coa súa responsabilidade unha parte das deficiencias do hospital", valorou o alcalde. Caballero denuncia "queixas" cidadás por pacientes "tirados" nos corredores das Urxencias do Álvaro Cunqueiro, "saturadas" nun centro hospitalario con "so" dous anos de vida.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, agradeceu este xoves o "traballo" dos profesionais sanitarios do Hospital Álvaro Cunqueiro, un centro hospitalario "colapsado" e coas urxencias "saturadas" polo pico da gripe pese a ter "so" dous anos de vida.

Abel Caballero asegurou ter numerosas "queixas" cidadás denunciando que os pacientes están "tirados" nos corredores das Urxencias do novo hospital: "menos mal que os profesionais están a suplir con celo, coa súa capacidade e coa súa responsabilidade unha parte das deficiencias do hospital".

O alcalde censurou que a Xunta de Galicia non teña dispositivo preparado para estes picos de gripe, pese a ter advertido a propia administración autonómica da súa virulencia na campaña de vacinación.

Caballero recordou que en xaneiro de 2015 o presidente da Xunta de Galicia afirmara que o Cunqueiro sería a solución aos problemas das Urxencias de Vigo: "onde está a solución do novo hospital aos problemas de urxencias?", preguntouse hoxe o alcalde sobre un centro hospitalario con "so" dous anos de vida que xa está "colapsado, e de que forma", nas Urxencias.

Concluíu o alcalde vigués que "estamos nunha situación de deficiencia de atención sanitaria en Vigo extrema e quero agradecerlle aos profesionais da sanidade o seu celo e o seu traballo, porque o fan en condicións que saben que non son as que teñen que ter unha cidade como Vigo e un hospital con dous anos de vida".
Mais noticias
O goberno de Vigo valida a convocatoria de axudas antidesafiuzamentos por 1,6 millóns
O Concello aproba unha partida de 1 millón de euros para o plan de Fomento de Emprego a entidades
Caballero eloxia as novas instalacións de Cruz Vermella, "o mellor lugar para a solidariedade"
O alcalde felicita aos responsables da consultora internacional BDO na presentación da nova sede
O alumnado do Colexio Mestres Goldar visita o Concello


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003