Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 10 de xaneiro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Os concellos pactan unha reforma do imposto de plusvalía que rebaixa nun 20% o gravamen

A FEMP acordou unha reforma da plusvalía que permitirá aos contribuíntes pagar un 20% menos e sempre no caso de que realmente obteñan beneficios na compra venda. Esta modificación, ademais, dotará de seguridade xurídica aos cidadáns e ás administracións locais.

O alcalde deu conta do acordo da FEMP para modificar á "maior brevidade" o imposto de plusvalías de acordo co sentenza do Tribunal Constitucional do pasado mes de xuño. Tal e como explicou, o imposto de plusvalía se calculará en base aos datos reais de cada ano, obtidos da Dirección Xeral do Catastro, de xeito que o imposto aplicará sobre as plusvalías que realmente se produzan, quedando eliminada á eventualidade de que paguen os cidadáns que non obtiveron beneficios. Cos novos coeficientes, haberá unha rebaixa do 20% para aqueles contribuíntes que teñan que pagar e tanto os cidadáns como as administracións municipais gañarán en seguridade xurídica. Na súa opinión, este novo acordo termina cunha situación "atípica e inadmisible".

Sin embargo, continúa pendente de determinar a que administración lle corresponde asumir as eventuais devolucións que poidan darse. Para o presidente de FEMP, debería ser a facenda do Estado a que asuma esa responsabilidade porque ese cobro indebido "non foi un erro das administracións locais senón que foi Goberno o que lexislou indebidamente".
Mais noticias
Caballero reclama á Xunta a "urxente" substitución das conducións de auga do Ceip Ría de Vigo
O rexedor traslada aos transportistas que a partir do 2 de febreiro non poderán circular camións por Sanjurjo Badía
O alcalde urxe á Xunta de Galicia a reforma da estación de autobuses
Caballero subliña o "exemplar" da educación viaria do Concello nos colexios de Vigo
Vigo ofrece a Redondela acordar descontos para a utilización do bus urbano


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003